Club de Ciencias

Traballando coas matemáticas

Hoxe 15 de novembro, o Club de Ciencias do Rosais 2, estivemos traballando coas matemáticas.

Por un lado fixemos, coa axuda de diversos materiais como goma eva de diversas cores, regra, cartabón e escuadra, uns tangrams. Fixemos diferentes grupos e cada uno deles realizaba as pezas do tangram, medindo as piezas para que ao final, entre todos os grupos, rematasen co reto de realizar diversas figuras que lles propoñiamos.

 

Por otro lado, ttraballamos coa impreora 3D. Para acadar tal fin, programamos, co programa indicado, as pezas dun cubo soma e unha vez conseguido, metémolo na impresora para ver o seu resultado.

 

Estivo xenial, unha tarde divertíndonos coas matemáticas donde o alumnado implicouse de cheo.

 

Archived in

Reunión do pasado día 18 de outubro

Nesta xuntanza os alumnos tiveron a oportunidade de traballar en sinxelos experimentos que se reproduciran na semana da ciencia co obxectivo de que eles actúen como monitores dito día, podendo así axudar na montaxe e explicación dos experimentos ao resto do alumnado do centro. Fixemos traballos tanto no laboratorio de Física como no de Química, experimentando con disolucións de distintas concentracións, proceso de galvanización de moedas, experimentos coa presión, conservación do momento angular, etc. Foi unha tarde chea de experimentos no que os rapaces desfrutaron un montón!

Archived in

Sesión do departamento de tecnoloxía: Iniciación a robótica con arduino

O departamento de tecnoloxía comenzou este curso a súa andaina nos proxectos do club de ciencias como finalizamos a edición pasada, é dicir, tratando de fomentar, sobre todo no noso alumnado máis cativo no coñecemento da robótica, ou control automático, mediante o uso da placa de arduino. A nosa idea é aproveitar estas sesións de tarde para levar a cabo sinxelos proxectos do ámbito científico-tecnolóxicos onde ademais do propio automatismo incluír aspectos básicos de electricidade e electrónica.

Dado que a maioría do alumnado é de 1º e 2º curso da ESO escollemos para programar a placa de arduino a plataforma en liña de programación tipo Scratch que nos proporciona mBlock. Isto facilita en gran medida a parte de programación a estas idades.

Na primeira sesión celebrada o Xoves 2 Novembro o alumnado participante tiña que programar un semáforo para os coches formando equipos de máximo 2 ou 3 alumn@s. Os grupos que puideron ir a un ritmo un pouco máis avanzado púxoselles como reto ampliar a proposta anterior cun semáforo para peóns con indicador sonoro.

Ao final da sesión aínda que houbera conceptos que dada a súa idade escapaban da súa comprensión conseguimos que visen a importancia e o sentido dun automatismo nun proxecto real e a súa ligazón coa programación e coa electrónica. Ademais parece que o pasaron moi ben. Esta a próxima!.

Archived in

Comeza o club de ciencias

Arranca o club de ciencias!

 

Neste curso 23-24 damoslle continuidade o club de ciencias, despois de ter feito un montón de actividades, experimentos e tamén saídas pola contorna. Novamente contamos co apoio dos departamentos de ciencias: bioloxía, física e química, tecnoloxía e matemáticas.

Faremos un montón de cousas interesantes que moitas veces non nos dá tempo a traballar nas aulas e tamén aprenderemos cousas e traballaremos temas sobre o clima, medio ambiente, igualdade, etc. Animaste a colaborar? 

Archived in

Estudiando as praias da ria de Vigo

Aproveitando a contorna do noso centro, sito na ría de Vigo, unha ria de gran riqueza biolóxica, os alumnos do club de ciencias estiveron traballando xunto co departamento de física e química con distintas mostras de area e auga de praias localizadas en distintos puntos da ría.

En particular traballamos con mostras da praia da punta (Teis) e a praia de Liméns (Cangas), puideron facer medidas de pH, conductimetría, sedimentos, separación da materia orgánica dos residuos plásticos, etc. Todo isto permitiu facer unha comparación dos resultados obtidos e sacar conclusións importantes, como por exemplo que as mareas arrastran máis contaminación as praias que están menos protexidas.

Archived in

Preparación da semana da ciencia

Durante o primeiro tramo deste curso, os rapaces e rapazas que colaboran no club de ciencias estiveron traballando na organización da semana da ciencia que tivo lugar na derradeira semana de decembro.

Todos eles estiveron traballando no recoñecemento de algas e plantas mariñas, facendo experimentos en física e química, montando sistemas de mecánica de fluidos, programando, traballando con figuras xeométricas e puzles matemático e mesmo fixeron un volcán!

Archived in

Benvida ó club de ciencias

Benvidos ó club de ciencias!

Dende o noso IES arranca este curso o club de ciencias, no que estamos implicados un montón de departamentos: matemáticas, debuxo, física e química, tecnoloxía e bioloxía. Faremos un montón de cousas interesantes que moitas veces non nos dá tempo a traballar nas aulas e tamén aprenderemos cousas e traballaremos temas sobre os océanos, reciclaxe, igualdade, etc. Animaste a colaborar? 

Archived in

Estudo do intermareal: Praia da punta

O 1 de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato que participa no Club de Ciencias realizou unha visita didáctica guiada polo profesorado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía á Praia da Punta no litoral de Teis.  Foi unha xornada de traballo moi intensa que incluía os seguintes obxectivos: estudo da zonación intermareal, o modelado litoral, a formación da area, identificación de macroalgas e o recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso, comprobando a elevada biodiversidade presente na franxa intermareal sometida ó réxime de mareas

Archived in