Skip to Content

CM Perrucaría e Estética

Módulos e duración

 O ciclo medio de peiteado e cosmética capilar ten unha duración de 2000 horas que se reparten en dous cursos académicos, no último trimestre do segundo curso realízase a formación en centros de traballo-FCT- nas empresas colaboradoras. Unha vez rematado o ciclo obtense o título de técnico en peiteado e cosmética capilar.

 

  PEITEADO E COSMÉTICA CAPILAR 

 CURSO

 MÓDULO

 HORAS

                

1ºcurso

 

 

Estética de Mans e Pés    ler máis

 107

Imaxe Corporal e Hábitos Saudables    ler máis

  133

Peiteados e Recollidos    ler máis

  266

Cosmética para Peiteado   ler máis

  160

Peiteado e Estilismo Masculino   ler máis

  80

Análise Capilar   ler máis

 107

Formación e Orientación Laboral  ler máis

  107

 2ºcurso

1º,2º trimestre

Márketing e Venda en Imaxe Persoal    ler máis

 70

Coloración Capilar    ler máis

 210

Técnicas de Corte do Cabelo   ler máis

 210

Cambios de Forma Permanente do Cabelo   ler máis

 87

Empresa e Iniciativa Emprendedora  ler máis

 53

 

 2ºcurso

     3º trimestre

Formación en Centros de Traballo  

 410

Saídas profesionais

As persoas que obteñen o título de técnico en peiteado e cosmética capilar exercen o seu labor profesional de forma autónoma ou ben, integrándose en empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social onde desenvolven tarefas de prestación de servizos e comercialización.

O perfil profesional deste título marca unha evolución cara ás competencias relacionadas co desenvolvemento de procesos de peiteado que utilizan técnicas e produtos cada vez menos agresivos para o cabelo, potenciando a integridade capilar.

Desenvolve o seu labor profesional en:

- Salóns de perrucaría como peiteador, técnico en coloracións capilares, en corte, ou postizaría. 

- Técnico colaborador con profesionais do ámbito sanitario en centros de tratamentos capilares.

- Técnico en manicura e pedicura

- Nos departamentos comerciais de empresas do sector.

- Departamentos de perrucaría de televisión, estudios de gravación ou teatros..

- Equipos comerciais de empresas do sector  que desenvolven a súa actividade no ámbito da perrucaría como probadores, demostradores ou vendedores.

- En balnearios, hoteis, pasarelas de moda...

Distribuir contenido


by Dr. Radut