Skip to Content

Perrucaría ou estética? Ciclo medio ou superior?

Neste espazo exponse información acerca de qué ciclo dos tres de Imaxe Persoal convén facer segundo os gustos e preferencias de cada quen dentro do amplo mundo da imaxe persoal.

Se o teu mundo é o da cosmética, se che encanta abrir tarros e botes para aspirar novos aromas e probar novas testuras, se che atraen as cremas e perfumes máis tradicionais pero tamén as novas liñas para o coidado masculino ou de cosméticos ecolóxicos... (pasa o rato pola imaxe)  

 
   

Se sentes curiosidade por saber cómo os aparellos eléctricos son capaces de tratar o noso corpo para conseguir diferentes efectos, se ademais che chaman a atención as técnicas máis modernas para lograr unha depilación perfecta... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se tes unha boa capacidade de observación e xa sabes que a forma dun corte de pelo, a súa lonxitude, a súa cor e o seu peiteado inflúen no aspecto dunha persoa e que se ademais se trata dun home tamén conta o deseño da barba ou o afeitado... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se che gusta xogar con todas as cores, as túas mans e pinceis poden transportarte a un mundo de fantasía a través da maquillaxe; se sentes debilidade pola caracterización de personaxes, dende o protagonista da película ata as máscaras dun entroido... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

 

Se te sentes como peixe na auga entre os chorros a presión, as fervenzas artificiais e as augas termais de balnearios e spas, se te sentes tan a gusto como un neno pequeno remexendo arxilas, algas ou mesmo chocolate para facer unha deliciosa envoltura... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se sabes que as mans son unha das nosas mellores cartas de presentación e che gusta cambiar a forma e a lonxitude das unllas e mesmo decoralas con todo un mundo de imaxinación e cor... (pasa o rato pola imaxe) 

 
   

Se xa sabes que as tatuaxes tipo pirata pasaron á historia e que agora a evolución desta técnica permite camuflar cicatrices e realzar o perfil facial, ademais de dar renda solta á creatividade que a túa imaxinación e a gran variedade de cores dos pigmentos alentan... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se che parece que as túas mans, a túa habilidade e a túa enerxía poden ser os instrumentos perfectos para transmitir benestar e saúde a través da masaxe... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se che atrae o mundo dos tratamentos capilares e dermoestéticos que está en constante expansión e che gustaría traballar nunha clínica de medicina estética... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se ademais de dar masaxes che encanta aprender cómo está feito o noso corpo, que músculos e ósos discorren por cada recuncho e cál é a súa posición correcta, se tes en conta a posibilidade de ampliar logo os teus estudos cos de fisioterapia... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se dende a nenez fuches desas persoas as que lles encantaba peitear aos demais e andabas sempre enredando con coletas, trenzas, gomas, pinzas, diademas e incluso logo te atreviches a coller as tesoiras, as cores e as extensións... (pasa o rato pola imaxe)

 
   

Se ademais de gustarche o mundo da imaxe persoal considéraste con calidades para dirixir a un grupo de persoas ou incluso tes afán emprendedor e queres abrir o teu propio negocio... (pasa o rato pola imaxe)

 
   


page | by Dr. Radut