Skip to Content

GOZANDO DO PREMIO

 

O martes 29, o alumnado de 3º da ESO desprazouse ata A Coruña para realizar a Scape Room gañada o pasado Entroido. Afortunadamente, algúns conseguiron salvar a Anna dos seus secuestradores.... Noraboa!

Aproveitaron a boa temperatura para facer unha ruta pola cidade de Coruña e chegar ó Monte de San Pedro onde comeron ao aire libre. 

Despois continuaron a súa ruta ata o Castelo de San Antón onde pediron varios desexos no "Pozo dos Desexos". Sería un dos desexos volver a facer a ruta?

       Temos máis fotos da experiencia: Fotos1   Fotos2   Fotos3   Fotos4



page | by Dr. Radut