Skip to Content

Lecturas de Estética

Comezo  polo  arranxo  :  de  uva  ben  cultivada  sae  bo  o  viño  e  en  chan  traballado  érguense  os  cereais  medrados.  A  beleza  é  don  do  ceo.  ¿Quen  da  súa  beleza  entre  tantas  se  fachendea?   Unha  gran  parte  de  vós  está  privada  de  tal  don.  O  coidado  proporcionaravos  un  rostro;  un  rostro  abandonado  estragarase,  así  sexa  de  todo  semellante  ó  da  deusa  do  Idalio”. 

(Ovidio  NasónArte  de  amar,  libro  III)

 

 

A  palabra  “estética”  procede  da  voz  grega  aisthetiké,  usada  para  referirse  á  persoa  de  moita  capacidade  emocional,  sensible  á  beleza  e  a  súa  influencia  sobre  a  mente.

 

Dedicaremos  o  espazo  web  para  expoñer  os  diferentes  aspectos  do  feito  estético  :  tecnolóxico,  histórico,  sociolóxico,  político,  filosófico,  relixioso,  antropolóxico,  científico,  xurídico,  psicolóxico,  económico,  etc.

 

 

 

“A  pel  é  a  proba  da  presenza  no  mundo.  A  través  dela  coñecennos,  somos  nomeados  e  temos  identidade.  Envolve  e  encarna  á  persoa,  asemellandoa  a  outras  ou  diferenciandoa.  A  súa  textura,  cute,  cicatrices,  os  seus  trazos  particulares  (lunares,  enrugas, etc.)  debuxan  una  paisaxe  única.  A  pegada  na  pel  é  un  sinal  de  identidade, aínda  máis  cando  chega  por  elección”.

David    Le  Breton  é  profesor  de  socioloxía  na  Universidade  de  Estrasburgo  (Francia).  Nesta  obra  breve,  setenta  páxinas,  fai  una  análise  antropolóxica  do  feito  estético  da  tatuaxe. 

 

     Bust Hadrian Musei Capitolini MC817.jpg

 

A  barba  púxose  de  moda  desde  o  século  II  d.  C.,  cando  o  emperador  Adriano  deixou  de  barbearse  para  agachar  unha  eccema  que  tiña  na  faciana. 

Os  tonsores  eran  os  barbeiros  que  cortaban  o  cabelo  e  barbeaban  ós  homes.

 

 

 

 

As matronas das familias máis ricas tiñan algunhas mulleres da servidume expertas en perruquería, as ornatrices. Segundo o xurisconsulto Marciano, para aprender o oficio recibían ensinanza dun mestre durante un mínimo de dous meses.

Se a señora non quedaba satisfeita co seu aspecto, entón  era  frecuente  que  a  ornatrix  padecera  malos  tratos . Así o conta, no ano 2 d. C., Ovidio Nasón na súa obra Arte de amar : “...que a penteadora estea segura : estoxo da dona que estraga a face a rabuñadelas ou agarra o alfinete e lle atravesa o brazo. Manda a outra ós infernos e toca a cabeza da súa dona, á vez que chora sangrando sobre a aborrecida cabeleira”.

 

 

 

 

Na  Grecia  antiga,  as  mulleres  esforzábanse  moito  para  conseguir  unha  pel  limpa  e  aromática.  Aplicaban  unha  máscara  nocturna  para  a  faciana  e  retirábana  pola  mañá  con  leite.  Facían  unha  especie  de  peeling  (exfoliar)  co  resto  do  corpo  :  untaban  o  cute  con  óleo  de  oliva  - usado  polos  homes  nas   palestras  cando  practicaban  ximnasia -  e  despois  puían  con  pedra  pómez,  o  proceso  tiña  o  efecto  dun  xabón,  porque  a  mestura  do  ácido  oleico  co  carbonato  cálcico,  sobre  a  quentura  da  pel,  producía  unha  saponificación.  Para  puír  tamén  usaban  mineral  de  natrón  ( sosa  natural ).

O  ideal  era  a  pel  branca,  convertía  á  muller  en  obxecto  de  desexo,  pensaban  que  exercía  unha  maior  atracción  sobre  o  esposo,  mellorando  a  relación  sexual  e  favorecendo  a  fecundación.  O  termo  homérico  leukólenos  ( “de  brancos  brazos” )  correspondía  co  rol  de  esposa  e  nai. 

No  teatro  a  beleza  da  heroína  tráxica  era  resaltada  coa  cor  branca.  Usaban  carbonato  de  chumbo  ( albaialde )  para  branquear,  co   perigo  de  danar  a  epiderme,  e  podía  causar  a  morte  se  a  muller  tragaba  partículas  que  despois  reaccionaban  cos  ácidos  gástricos. 

En  consecuencia,  algunhas  fontes  literarias  censuran  o  método  da  muller  para  semellar  máis  atractiva.  Xenofonte,  na  súa  obra  Económico,  ofrece  un  exemplo  :  o  ricachón  Isómaco  viu  un  día  a  súa  muller  “moi  untada  con  albaialde  para  parecer  máis  branca”  e  corrixe  á  esposa,  para  evitar  a  falsidade  no   trato  matrimonial,  dicíndolle  “o  que  atopa  o  ser  humano  máis  pracenteiro  é  o  corpo  humano  sen  nada”.  Nesta  pasaxe  podemos  ver  o  conflito  entre  a  estética  e  a  ética.  Isómaco  pretende  resolver  o  problema  equiparando  a  beleza  coa  utilidade  dunha  muller  de  corpo  san,  sen  o  engano  da  maquillaxe,  capaz  de  ser  nai  e  boa  administradora  da  casa.

 A  beleza  masculina  estaba  asociada  coa  pel  escura.  O  varón  cumpría  coa  súa  misión  ó  aire  libre,  no  seu  rol  de  cidadán,  soldado  ou  labrego.  

 

 

ALERXIA ÁS TINTURAS CAPILARES

(Artigo da profesora Susana Torres Souto)

 

Os colorantes derivados da anilina poden producir reaccións cutáneas que afectan ata 24 horas despois da exposición, a alerxia pode xurdir por contacto ( primeira aplicación ) ou por sensibilización (contacto repetido co alérxeno ).

 

Pódense presentar tres tipos de reaccións:

 

LIXEIRA:

Pequenas placas coloreadas, incluso grandes, diseminadas ó redor da fronte, detrás das orellas e na caluga, acompañadas normalmente de prurito que pode ser intenso.

INTERMEDIA:

Roibén máis pronunciado e grans purulentos, na fronte e nas pálpebras, as orellas ínchanse , os proídos poden ser máis intensos.

INTENSA:

A inchazón pode afectar a toda a faciana, pálpebras e orellas. As pálpebras inflamadas poden impedir abrir os ollos.

Ó cabo duns días ( máximo dúas semanas ) todo volve a súa normalidade, sen deixar ningunha pegada.

 

foto  1 

QUE FACER NO CASO DE ACCIDENTE ALÉRXICO

Deter inmediatamente a oxidación dos pigmentos:

  • Aclarar con abundante auga morna.

  • Aclarar cun baño de cloruro de sodio para deter a oxidación. Quentar auga, e cando sexa morna, engadir por cada litro de auga 150gr. de sal común e 3 culleradas (30gr) de auga osixenada a 20 volumes.

 

NOTICIA RECOLLIDA DE INTENET / CASOS CONFIRMADOS

  • Unha muller nova quedou temporalmente cega e permaneceu hospitalizada tres días despois dunha reacción grave á tintura para o cabelo que mercou no supermercado.
    A cara de Carme de Rowe inchou “como unha pelota de fútbol”. Foi internada ó día seguinte porque a inflamación impedíalle ver. Sen embargo, dixo que fixera unha proba na súa pel 48 horas antes de empregar a sustancia para tinxir, e que levaba tinguindo o cabelo dende os 13 años.

 

 

A señorita Rowe foi dada de alta tres días despois de que a inchazón se reduciu cunha combinación de esteroides e antibióticos. Pero ingresou noutras catro ocasións, no seguinte  mes, por desenvolver úlceras e inchazón.


Os médicos diagnosticaron una reacción alérxica á parafenilendiamina que contén a tintura.
As reaccións poden ocorrer nun número pequeno de persoas, como ser alérxico a certos alimentos ou sustancias naturais. Millóns de persoas tinguen o cabelo sen padecer ningunha reacción. As tinturas son estudadas constantemente e avaliadas pola investigación científica.

  • Maria de Kelly sufriu severos trastornos por unha alerxia á tintura.

A muller estivo a punto de perder a vida porque unha tintura para o pelo provocou unha reacción alérxica de gran magnitude. Sufriu queimaduras e encheuse de pus no coiro cabeludo. Ademais causoulle problemas respiratorios.

A muller, de 29 anos, permaneceu internada durante tres días polas graves queimaduras e as complicacións nas vías respiratorias.

Pouco despois de aplicar a tintura, a señora cheiraba a queimado e a pus saía do seu coiro cabeludo.

Os síntomas foron empeorando e chegou o momento no que case non podía respirar, pechóuselle a gorxa e aumentou a frecuencia cardíaca, ó borde dun infarto.

A cara inchou e as orellas aumentaron de tamaño. Tivo que ir ó hospital, onde quedou internada inmediatamente, para ser tratada con doses altas de antihistamínicos e inxeccións de esteroides.

 foto  2

 

 

 

  • elmundo.es       01/02/2015

 

El tatuador de pezones.

  • Es el 'Da Vinci de los pezones'.

  • Españolas operadas de cáncer de mama le reclaman para la campaña 'La guinda del pastel.

  • Volará a España para enseñar su técnica de 'pintar' areolas 3D.

  • Mientras Sweet home Alabama suena de fondo, el zumbido de las agujas de tatuar llega alto y claro. También se escuchan risas femeninas en una de las salas, precedida por un mapa de EEUU y otro del mundo. A la tienda Little Vinnies Tattoos en Finksburg (Maryland) llegan mujeres de todos los continentes para hacerse un tatuaje terapéutico de pezones o areolas; es el final de un viaje que comienza con el diagnóstico de cáncer de pecho o una mastectomía preventiva. Esta estación final -a las afueras de Baltimore- es un principio. Y por eso, hay risas. Pero también por el buen hacer del maestro Vinnie Myers, de 52 años, que se encarga de tatuar pezones en 3D y areolas a sus clientas desde hace 15 años. "Increíble. Es un artista. Llegaba bastante nerviosa y hemos estado hablando, riendo... Se ha pasado rápido gracias a Vinnie y su mujer Robin", dice una de las clientas tras tatuarse los dos pezones. La cita la cerró en mayo de 2014, después de someterse a una mastectomía preventiva, es decir, que a la mujer le amputaron los dos pechos sanos por el alto riesgo que tenía de sufrir un cáncer genético. Y los pezones, que contienen glándulas susceptibles de desarrollar la enfermedad, también se quedaron en el quirófano.

    El tatuaje de pezones y areola le lleva a Vinnie Myers entre una hora y dos. A simple vista es uno más, con cinco o seis pigmentos básicos para dar con la tonalidad apropiada del pezón. "Cada mujer es diferente", subraya el maestro tatuador, porque influye cómo ha sido la cirugía, si hay que buscar un color que se aproxime al del otro seno en caso de que sea unilateral... Llegado el momento, la clienta pasa a una de las dos salas donde se preparan para la sesión. A cámara rápida, se concentra en fotos previas, análisis y estudio de cuerpo, elección de pigmentos, zumbido frenético de aguja eléctrica, foto de después, cuidados y a casa. "Algunas mujeres lloran al verse", explica recostado sobre una silla.

     

  •  La Voz de Galicia12 de febreiro de 2015. 

    Cosmética natural de instituto.

    As alumnas de Farmacia do IES Montecelo fabrican produtos de beleza para as súas compañeiras de Estética feitos con plantas dos de Agroxardinería. 

  •   

  • Dos alumnas del ciclo medio de Farmarcia extraen la gelatina de una planta de aloe vera, ayer, para fabricar una crema nutritiva.
  • Vanesa e Cristina encárganse de facer o aceite para masaxes de áloe vera. Leva, ademais, un extracto de aceite de rosa mosa mosqueta e esencia de lavanda, para darlle máis cheiro. Emilia, Tamara e Laura están centradas no alcol de romeu, e a Soraya e Marian asignáronlles a máscara de cara. Estes son, basicamente, os aromas que imperan hoxe no pequeno laboratorio que utilizan habitualmente os alumnos do ciclo medio de Farmacia do IES de Montecelo.

    E o son porque tamén son as especies que plantaron este ano os seus compañeiros do ciclo medio de Agroxardinería. E tamén porque son as máis demandadas polas súas tamén compañeiras de Perruquería e Estética.

    Como todo o que producen é natural, moitos dos seus preparados non aguantan máis de quince días, e sempre que se conserven en frío. Por iso, a cadea de colaboración entre todas as modalidades de estudo é permanente. É, ademais, un modelo pioneiro que acaban de pór en marcha desde o centro educativo e que lles permitiu participar un ano máis no programa Voz Natura. As propias alumnas foron as primeiras en sucumbir ás súas vantaxes: «Eu antes nunca usaba crema de mans, pero desde que probei esta si», ri Soraya. O favorito de Marián é a auga de lavanda «polo cheiro e porque deixa a pel moi ben».

    Esta primeira metade do ano a produción foi tan abundante como as condicións meteorolóxicas permitiron. Moitas das plantas que coidaban os alumnos de Agroxardinería non resistiron os constantes cambios de temperatura. Aínda que aos responsables do proxecto, liderado polo director do centro, Miguel Carballal, non lles preocupa demasiado, porque agora que se achega a primavera as cousas cambiarán.

    O mostrario destes mozos fabricantes de produtos cosméticos, iguais aos que se pode atopar en calquera parafarmacia pero sen conservantes, é amplo e diverso. Desde cremas de mans con urea e áloe vera ata baños fungidas para pés, pasando por máscaras con romeu, cremas con amanda e carité, e protector labial. E tamén colonias. Son aromas que recordan aqueles que elaboran grandes marcas multinacionais.

    E todo realizado cun método completamente artesanal. Tanto, que calquera ufano na materia podería fabricar case calquera destes produtos na súa casa. Este é, de feito, un dos obxectivos da iniciativa. No caso da crema nutritiva de áloe vera. O proceso consta duns poucos pasos: quentar ao baño maría a manteiga de carité para derretela, mesturala con aceite de améndoas e o xel de áloe vera -obtido tras bater a gelatina extraída directamente da planta-, e engadir o aceite esencial. E remover. O segredo está en controlar as temperaturas e as mesturas e, sobre todo, non deixar de remover.

    No caso dos aceites, o procedemento é aínda máis sinxelo e céntrase en mesturar ben os diferentes óleos que o integran para crear un resultado homoxéneo.

    O proxecto céntrase este ano no áloe vera, o romeu e a lavanda

    As estudantes fan crema de mans, aceite para masaxe e alcol aromático

           

  •  

     



page | by Dr. Radut