Skip to Content

Novidades de biblioteca

 

 

Se á miña biblioteca a destruíran as chamas ... por sorte nunca pasou. Pero fixen mudanza de casa moitas veces e tiven suficientes amigos que me pediron libros prestados como para ter unha idea bastante aproximada da natureza da catástrofe. Ingresar na codia dunha habitación apreciada e atopala baleira, agás por unha grosa capa de cinza que unha vez foi a literatura favorita dun : só pensalo é tétrico. Pero felizmente os libros son substituíbles, polo menos a clase de libros que enchen os andeis da miña biblioteca. Carezo de espírito de coleccionista e nunca me interesaron as primeiras edicións e as antigüidades. Só me preocupa o contido do libro, non a súa forma, nin a súa data, nin o número nas súas solapas. O lume, os amigos, e as mudanzas nunca poderán despoxalo a un de nada que non poda, como os fillos, camelos e mulas de Job, substituírse na súa completa medida”. (Aldous Huxley)

 

 

Procuraremos neste apartado expoñer os volumes (libros, discos, revistas, xornais, e-books, etc.) que son novidades na nosa biblioteca.

Dennis  Lehane  é  un   mestre  da  novela  policial.  Nesta  obra  amosa  un  excelente  argumento  no  que  se  mestura  a  influencia  psicolóxica  dos  acontecementos  da  infancia,  das  relación  de  amizade,  do  drama  da  morte  dunha  filla;  e  todo  no  crisol  das  forzas  máis  intrínsecas  da  personalidade  humana.

 

 

 

 

SENECA / VARIAS OBRAS / ( 2122-X) (Libros sin clasificar)

A  lectura  dos  clásicos  sempre  é  beneficiosa.  Séneca,  o  estoico  máis  senlleiro  do  primeiro  século  da  nosa  era,  ofrécenos  nas  súas  obras  unhas  receitas  para  a  vida  que  serán  útiles  en  todas  as  épocas.  Sen  esquecer  o  pracer  estético  dos  textos.

 


00106520010072    2  600x600

Xa  temos  na  nosa  biblioteca  a  novela,  La  espada  y  la  pluma,  escrita  por  Javier  Rivas,  alumno  do  noso  centro.  Unha  lectura  para  mergullarse  nas  aventuras  de  piratas  no  mar  dos  Sargazos.


 Benjamin  Black  é  o  pseudónimo  de  John  Banville.  Na  actualidade  é  un  dos  mellores  escritores  en  lingua  inglesa,  unha  proba  son  as  novelas  El  mar  Antigua  luz.

Tamén é  un  mestre  do  xénero  detectivesco.  El  secreto  de  Christine  describe  moi  ben  o  poder  das  organizacións  clandestinas,  con  pretensión  de  filantropía  por  parte  dos  poderes  fácticos,  sobre  a  vida  e  a  morte  das  persoas.

 

 REO  é  un  graffiteiro  comprometido  coa  súa  arte.  Xesús  Fraga  amosa  nesta  novela  o  universo  das  inquedanzas  da  mocidade  contemporánea.  Unha  lectura  que  fai  reflexionar.

 

  El abismo de Maracot

 

 

Arthur Conan Doyle escribe uns relatos moi interesantes para reflexionar sobre a ciencia e a tecnoloxía. E ademais no marco dunha obra de aventuras. Que máis se pode pedir?

 

 

 

 

   

 

 

 

 

Dickens é un escritor imprescindible. Tolstoi, Dostoievski, Kafka, Orwell, Shaw; recoñeceron que foi o seu mestre. A variedade dos personaxes, a mensaxe ético-moral, a liña argumental  engaiolante; xenial.

 

 

 

 

 

O cine non foi xusto coas obras de H. G. Wells, porque cercenou a reflexión crítica sobre os avances científico-tecnolóxicos.

 

 

 

  

 

 

 

Hai libros esquecidos durante os últimos anos, en beneficio doutros que o mercado considerou promocionar. Os clásicos sempre volven. O auténtico valor literario é consubstancial coa permanencia. Un exemplo, O principiño.

 

 

 



page | by Dr. Radut