Skip to Content

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL


M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 




23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Poeta e novelista galega, Rosalía de Castro foi unha muller pioneira do feminismo na literatura. Está considerada unha das grandes poetas da literatura española do século XIX e unha precursora da poesía moderna.

En 1858 publicou "Lieders", poema no que reivindicaba a liberdade das mulleres. "O patrimonio da muller son os grilletes da escravitude", escribiu. Para ela, a autonomía e a liberdade das mulleres están por riba de todas as cousas, superando todo o que se espera dela por ser muller. A súa capacidade de loita e rebeldía, e o seu compromiso coas causas sociais, principalmente polos dereitos das mulleres, pode apreciarse en todo o seu traballo.

Entre os seus libros máis coñecidos podemos atopar obras como Follas Novas, Cantares Gallegos, Na beira do Sar ou O cabaleiro das botas azuis.




NOVIDADES LECTORAS





#Biblioteca Solidaria-11 de Febreiro: Día da Muller e a Nena na Ciencia


Por todas as mulleres científicas cuxos logros científicos nunca foron recoñecidos e por todas aquelas que loitaron e demostraron que as mulleres formamos parte da Ciencia, e que hoxe son puntos de referencia para todas as nosas nenas.

                    




Chapa, pintura e NOVO LOGO para a nosa BIBLIO!


Dende hai uns días a Biblioteca está pasando por un lavado de cara, pero non só iso, senón que contamos tamén cun novo logo grazas a nosa alumna Johana Haz Sar de 4ºESO. Moitas grazas, Johana! É fantástico! 

 




SAN VALENTÍN- RECOMENDACIÓNS LECTORAS


 



Distribuir contido


by Dr. Radut