Skip to Content

11 DE FEBREIRO: DÍA DAS MULLERES E DAS NENAS NAS CIENCIAS


O 11 de febreiro celébrase o Día das Mulleres e das Nenas nas Ciencias. Na biblio poderás atopar varios libros que te abrirán á historia de mulleres dos máis variados ámbitos da ciencia, dende a astronomía, até as matemáticas, a física ou a química. Dende Hipatia até Marie Curie, pasando polas pioneiras galegas das ciencias. Bótalle un ollo!

 




E CHEGOU O ENTROIDO!


E chegou o entroido e con el a posibilidade de xogar a vivir vidas que non son as nosas! Na biblioteca participamos, como non, na programación de actividades do entroido, que este ano incluíu concurso de disfraces e obradoiros varios (de máscaras, de sombreiros, de filloas,...) así como unha exposición sobre o entroido galego, que vos deixamos agora colgada na rede.




DA CANDELORIA AO SAN VALENTÍN: A QUINCENA DO AMOR


O 2 de febreiro é o día que en os paxariños casan, segundo a tradición galega. É, en certo modo, o noso particular día do amor. Por iso, no instituto decidimos declarar a quincena do amor entre o 2 de febreiro, o Día da Candeloría, e o 14, o Día de San Valentín. Con ese motivo, espuxemos no vestíbulo libros e poemas de temática amorosa. Ademais, deixamos a disposición da comunidade educativa unha cestiña con poemas envoltos que podes levar e mesmo regalarlle a alguén.




DÍA ESCOLAR DA PAZ: LECTURAS CONTRA A GUERRA


Este ano, na biblioteca compramos varios libros que nos informan e conciencian sobre varios dos principais conflitos que fan sangrar o mundo, como o de Palestina. Con motivo do Día Escolar para a Paz, sacamos dos andeis libros que nos axudan a entender conflitos do presente e do pasado (dende a Guerra Civil e a I Guerra Mundial até a guerra dos Balcáns). Porque recordar o pasado é preciso para non repetir a historia, e concienciar sobre o presente e reforzarnos contra a barbarie.

 



AS NOVIDADES DESTE CURSO


Velaquí tedes algunha das moitas novidades coas que estamos a completar o catálogo da biblioteca este ano. O noso centro foi seleccionado dentro do PLAMBE, o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, e en consecuencia, o noso orzamento para biblioteca viuse incrementado. Isto permitiranos mellorar ao longo dos próximos meses tanto a nosa oferta de libros como as nosas instalacións.




Abalar nº 3


 

Finalmente chegou o esperado terceiro número de Abalar! Estamos emocionados de compartir con nosos lectores esta nova edición chea de emocionantes relatos de Nadal. Nesta edición especial, mergullámonos no espírito festivo do Nadal e exploramos as historias de Papá Noel, os Reis Magos e o Apalpador.

Desexámosvos un marabilloso 2024, cheo de alegría, éxito e realización dos vosos soños. Que este novo ano sexa un período de crecemento persoal, de oportunidades emocionantes e de momentos inesquecibles. 

 

Prema aquí para acceder: https://pedradeabalar.blogspot.com/




Distribuir contido


by Dr. Radut