Compadres, comadres, o entroido xa está aquí...

Nestes días de festa, animádevos a descubrir os marabillosos entroidos da nosa contorna. Preto de nós temos o entroido de Salcedo (Pobra de Brollón) co oso, o criado, a madama e o danzante. Un chisco máis aló atopamos en Santiago de Arriba (Chantada) o vistoso volante e impactante peliqueiro ou maragato e non moito máis lonxe, na terra veciña ourensá multitude de entroidos tradicionais cos seus folións particulares que fan de cadanseu algo único.Dende dinamización adquirimos dous exemplares da nova publicación da escola de ensino galego Semente sobre Entruidos e mascaradas na galiza, que xa tedes na biblioteca se queredes coñecer máis o entroido galego (as ilustracións de Oscar Sotelo "Frebas" son moi chulas).