Epitafio a Fran Pérez, NARF

O pasado martes pola tarde unha noticia voou coma a pólvora esnaquizando os corazóns de tod@s aqueles amantes da música con raíz e sentimento. O compositor e cantante Narf (palíndromo do seu nome) morrera a causa dun cancro fulminante que aínda así non o apartou dos escenarios ata hai nada. O pasado 23 de outubro foi a súa última actuación musical, co grupo do seu amado Mozambique Timbila Muzimba.

"Esta noite vou voltar a un lugar

onde sendo criança brinquei.

Esta noite vou voltar a un lugar

onde sendo un rapaz eu soñei

á beira dun río,

perto da casa,

a casa de sempre,

co tempo aí enfrente"

(fragmento da "Esta noite" de Narf e Manecas Costa)