Magosto 2016

O xoves 10 celebramos o magosto cunha andaina, un menú típico e xogos tradicionais. Fixemos a Ruta da Encomenda, coa colaboración do técnico de Cultura do Concello de Quiroga, Moncho Vila. Á volta repuxemos forzas con castañas asadas e bolos preñados, que tiveron un gran éxito entre os participantes.Ó mesmo tempo, os alumnos e os profesores tomaron parte en xogos como a chave ourensá, tamén típìca desta zona, a rá, zancos, etc.