ACTIVIDADES REALIZADAS CURSO 2016-2017

 

Escola de Prensa de El Progreso. Podedes consultar aquí as publicacións do equipo de redacción de "O Eco do Val".

 

ABRIL DE LIBROS, MAIO DE LETRAS

Posado literario con Castelao e Rosalía

Citas literarias

3ª semana de maio, na biblioteca (2º recreo)

Exposición Días das Artes Galegas 2017: Maruja Mallo

Abril e maio, corredor da planta baixa.

 "Elaboración de O Eco do Val"

Alumnado de 3º e 4º da ESO e profesorado colaborador, primeira quincena de maio

 

Lecturas compartidas co alumnado dos CEIPs de Quiroga e de San Clodio

Mércores 31 de maio e xoves 1 de xuño.

 

 

Asistencia á proxección do documental "Tempo" de Manuel Valcárcel coa presentación do por parte do director.

30 de maio, alumnado de 2º e 3º da ESO.

Elaboración do xornal "O Eco do Val" para Escola de Prensa.

Primeira quincena de maio, alumnado de 3º e 4º da ESO.

Obradoiro de Iniciación á tecnoloxía en igualdade. Programa ADA, Proxecta Donas de Si.

24 de maio, alumnado de 1º da ESO.

Charla sobre toponimia de Manuel Cao.

Luns 8 de maio, alumnado de 1º e 2º da ESO.

CORRELINGUA en Monforte.

Martes 2 de maio, alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.

Obradoiro de teatro con Eva Freixeira Ferreira.

Venres 28 de abril, alumnado de 4º da ESO; mércores 3 de maio, 3º da ESO; luns 8 de maio, 1º da ESO; martes 9 de maio, 2º da ESO.

Charla do programa "A Ponte": "Vivir con asma" (Francisco Javier González Barcala, profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC).

Xoves 27 de abril, alumnado de 4º da ESO e 1º de BAC.

Saída a Ourense e Oseira.

Martes 25 de abril, alumnado de relixión.

2ª sesión do Microobradoiro de Educación das Emocións para a Convivencia Positiva (EXDEHU).

Venres 21 de abril, alumnado de 1º da ESO.

Charla-encontro coas familias: "Sentir adolescente. Xornada de Educación das Emocións na familia", coa presenza de Aixa Permuy, do EXDEHU.

Venres 21 de abril, aberto á comunidade educativa.

Saída a Ourense e Monforte do departamento de Bioloxía.

Mércores 19 de abril, alumnado de 3º e 4 da ESO, e 1º de BAC.

Saída para realizar un tramo do Camiño de Inverno.

Martes 18 de abril, 2º da ESO e luns 24 de abril, 1º da ESO.

Pintando a Mona... Lisa

Exposición de traballos do alumnado de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual, de xaneiro a marzo.

1ª sesión do Microbradoiro de Educación das Emocións para a Convivencia Positiva (EXDEHU).

Venres 7 de marzo, 1º da ESO.

Charla do programa "A Ponte": "É xusto o noso sistema fiscal?" (por Antonio López Díaz, catedrático da USC).

Venres 7 de marzo, alumnado de BAC e 4º da ESO.

Exposición premios María Wonenburger (proxecta Donas de Si).

Do 22 ao 31 de marzo, todo o alumnado (no corredor da planta baixa).

Charla de Aida Menéndez Lorenzo sobre o Camiño do Inverno (proxecta Mirando polo camiño).

Mércores 29 de marzo, alumnado de 1º e 2º da ESO.

Conmemoración do Día Mundial da Árbore.

O día 22 de marzo plantáronse un magnolio e un acivro no patio do centro.

Exposicións de xornais

Con motivo da Semana da Prensa tivemos dúas exposicións desde o 6 ata o 21 de marzo:
- na biblioteca, exposición de xornais de diversos países (ver aquí)
- no corredor, exposición sobre prensa en galego en perigo de extinción (ver aquí)

Conmemoración do Día da Muller: Silvia Penide e Carla López presentan a proposta "Feminino Plural".

Luns 13 de marzo, alumnado da ESO.

Saída á Coruña para visitar Inditex e realizar un percorrido pola cidade.

Alumnado de Economía (BAC), venres 10 de marzo.

Charla de Luís Antonio Rodríguez, redactor de El Progreso e responsable da delegación de Monforte

Actividade relacionada coa participación en Escola de prensa de El Progreso

Alumnado de 3º e 4º da ESO, luns 6 de marzo.

Concurso de disfraces literarios.

Alumnado da ESO e 1º de BAC, venres 24 de febreiro.

Conmemoración do Día de Rosalía.

Todo o alumnado, 24 de febreiro.

Teatro en francés. Saída a Ourense para asistir á representación de "Le Malade Imaginaire" de Molière.

Alumnado de francés da ESO, xoves 23 de febreiro.

Concurso de marcapáxinas

Con motivo do Día de Rosalía, o EDLG do centro convoca este concurso. Parabéns á gañadora, Emma Casanova.

Tedes aquí toda a información. 

Esquí en Cabeza de Manzaneda. 

Alumnado da ESO e de 1º de BAC, luns 20 de febreiro. 

Espectáculo "Moita poesía, pouca diversión", de Aldaolado.

Alumnado da ESO e de 1º de BAC, venres 17 de febreiro.

Charla-obradoiro de Xosé Tomás (conmemoración do Día da Ilustración).

Alumnado da ESO, 7 de febreiro de febreiro.

Conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia.

Todo o alumnado, 30 de xaneiro.

Asesoría de disfraces literarios

Para todo o alumnado, xaneiro e febreiro.

Saída á Coruña.

Venres 20, alumnado de 2º e 4º da ESO, e membros do Club de Lectura.

O alumnado de 2º da ESO realizará unha visita ao MUNCYT e á sede da RAG pola mañá na Coruña.

O alumnado de 4º da ESO e o Club de Lectura realizará unha visita guiada á exposición BDG70: a revolta do cómic galego e á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, na Coruña, pola mañá.

Obradoiro de hábitos saudables.

Alumnado da ESO, xoves 26 de xaneiro, venres 3 de febreiro e 17 de febreiro.

Teatro no IES de Quiroga.

Todo o alumnado, mércores 21 de decembro.

Rematamos o trimestre cunha representación teatral por parte dun grupo de teatro afeccionado da obra "Sonetos ao Val de Quiroga", adaptación escénica da obra que Manuel María escribiu ao Val de Quiroga, de maneira que supón tamén a actividade de peche ao ano 2016, no que lle se homenaxeou ao poeta da Terra Chá co Día das Letras.

O IES de Quiroga colaborou co Concello na "Operación Quilo Solidario".

Pedíase a aportación de alimentos non perecedoiros. Tamén se recollía roupa en bo estado. Ata o 21 de decembro.

Segunda sesión do obradoiro EXDEHU.

Venres 2 de decembro, 3º da ESO.

Saída a Ourense para asistir á representación da obra de teatro en francés "Le petit prince". 

Mércores 30 de novembro, alumnado de francés da ESO.

Xuntanza do Club de Lectura Libromanía (sección de adult@s), para comentar Las sinsombrero.

 

Mércores 30 de novembro, hora de xantar. 

Excursión do Club de Lectura a Outeiro de Rei (visita á Casa Museo de Manuel María e ás instalacións de Vida de aldea)

Martes 22 de novembro, alumnado membro de Libromanía e alumnado convidado (gañadores/as das Quinielas Lectoras).

Podedes ver aquí fotos da saída.

Obradoiro do EXDEHU "Educación das Emocións para a Convivencia Positiva".

 

Venres 18 de novembro, alumnado de 3º da ESO.

Obradoiro "Pantallas amigas". 

Mércores 16 de novembro, alumnado da ESO.

 

Neste obradoiro tratarase o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.
Máis información aquí.

Celebración do Magosto. 

Xoves 10 de novembro, alumnado de ESO e 1º de BAC. 

Primeiro está previsto realizar a Ruta da Encomenda, se o tempo acompaña (de non ser así, habería clase con normalidade) e logo, xa de regreso no centro, haberá degustación de castañas e xogos populares.

Obradoiro "Quérote+".

 Luns 7 de novembro, alumnado de 2º e 3º da ESO.

Saída a Lugo para visitar a Fundación TIC.

Venres 4 de novembro, alumnado de 1º e 2º da ESO. Máis información, aquí.

FOTOS

Podedes ver aquí o programa que gravaron os nosos alumnos.

Entrega dos premios da Biblioteca.

O xoves 27 de outubro, no segundo recreo, entregáronse na Biblioteca os seguintes premios:

1º premio das Quinielas Lectoras: Lucía Álvarez, Nerea Lemos, Saray Núñez, Emma Casanova, Sergio Rodríguez,                                                                   Andrea Pérez (Todos de 2º de ESO).

2º premio das Quinielas Lectoras: Zaida Álves e Ana Gallego (2º de ESO), Alberto Losada e Emily González (4º de ESO).

 

Premio aos Mellores Lectores: Luís Manuel Arias (1º Bac.), Emily González (4º ESO) e Sabela Durán (2º Bac.).

Concerto de Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) e Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio).

25 de outubro, alumnado da ESO e de 1º de BAC. (5ª e 6ª hora)

Estes dous cantautores históricos, fundadores de Fuxan os Ventos e actualmente membros de A Quenlla, estarán no noso centro para conmemorar o Día das Bibliotecas e manter un pequeno encontro con membros do Club de Lectura.

Ademais da súa laboura como autores de cancións, contan cunha ampla súa traxectoria como compiladores de pezas tradicionais da música galega e como musicadores de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Neira Vilas. 

 

Esta actividade ábrese á toda a comunidade educativa, previa comunicación de asistencia por cuestións de organización.

Saída a Monforte para realizar un tramo do Camiño de Inverno.

30 de setembro, alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

Saída á Coruña para visitar a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da luz" e á Casa das Ciencias.

28 de setembro, alumnado de 3º e 4º ESO e alumnado de Física e Química ou Tecnoloxía de BAC.                  

Aquí podedes ver as fotos.