8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Para conmemorar o Día Internacional da Muller propóñovos coñecer algo máis das mulleres que destacaron o longo da historia. Pincha aquí e descubrirás que desde o principio dos tempos algunhas mulleres lograron destacar nun mundo de homes.

Tamén che propoño unha clasificación, publicada en internet, das mulleres máis importantes da historia. Eu non estou moi dacordo con esta clasificación, consúltaa para ver se tes a mesma opinión ca min.

Se nos centramos no campo da ciencia, un ámbito tradiccionalmente masculino, levarédesvos unha grande sorpresa en canto descubrades a importancia das seus descubrimentos. Adicádelle uns minutos a coñecer as 10 MULLERES CIENTÍFICAS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA.

E xa para rematar gustaríame que consultárades dúas páxinas web coas que descubriredes como as galegas tamén destacamos polos nosos méritos dende fai moitísimos anos:

       - As mulleres galegas de hoxe e de onte.

       - Álbum de mulleres.

Aquí tedes un flash moi curtiño que serve de homenaxe a tódalas mulleres do mundo.