Novas

Entrega de Boletíns Cualficacións 2ª Avaliación

Estimadas familias e alumnado:

Informamos que o boletín coas cualificacións da 2ª avaliación, será publicado en Abalarmóbil o venres 26 de marzo de 2021 a partir das 14:00 horas.

Aqueles que teñades algún problema para a súa visualización comunicádeo ao correo do centro e seravos enviado o correspondente boletín.

Un saúdo

A dirección

Apertura prazo Inscrición as Probas de acceso os Ciclos Medios - 15 ó 26 de Marzo

Apertura prazo para a inscrición en probas de acceso a #ciclosFP de grao medio

Dende o 15 ó 26 de marzo, non o deixes pasar...

 

+info en:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iespuntacandieira/

http://edu.xunta.gal/fp/probas

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-gm-comezo-inscricion-2021

#FPGalicia      #FP       #FormaciónProfesional

 

Novidades sobre as Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Superior

Novo Logo do Equipo de Dinamización da Lingua

Temos a honra de presentar o novo logo do Equipo de Dinamización da Lingua, feito por un alumno do noso centro...

 

Grazas pola colaboración a todos os participantes e noraboa o afortunado!!!

Último día para a Inscrición as Probas de Acceso os Ciclos Superiores!!!

Último día para a inscrición en probas de acceso a #ciclosFP de grao superior!, non o deixes...

+info en:

Información Probas IES Punta Candieria

http://www.edu.xunta.gal/centros/iespuntacandieira/

http://edu.xunta.gal/fp/probas

#FPGalicia

#FP

#FormaciónProfesional

Recursos de Interese

Diccionario da Real Academia Galega

Portal da Lingua Galega

Rede de Centros de Estudos Galegos

 

 

 

Traductor Gaio

Traductor SLI

da UVigo

Corrector OrtoGal

da UVigo

Actividades 1º Trimestre (Setembro – Decembro ’20)

Pois xa pasou o primeiro trimestre no I.E.S Punta Candieira, neste curso 2020 – 2021 ou “O curso raro” e quen di raro/estraño fala desa “nova normalidade” á que parece que os “novos” se acostuman con moitísima máis facilidade e rapidez que os “vellos”, ¡Cousas veredes! ¿Quen nolo ía dicir...? Tamén hai que agradecer o esforzo e bo comportamento que teñen os “nosos novos” por manter o bicho a raia...

Aínda que por miles de motivos e escusas que agora non veñen o caso non fomos capaces de publicar todas as actividades que realizamos ó longo desta avaliación, moitísimas cousas, máis das que se ven a primeira vista... esta publicación o que pretende é render contas de algunhas (que non todas, seguramente algunha actividade se nos pasou por enriba ou peor aínda, non quedaron probas gráficas de elas...).

Moitas de elas, están en publicacións de outros membros da nosa comunidade educativa, e como no, agradecemos profundamente a todos aqueles que fan publicidade das actividades e proxectos que se levan a cabo no I.E.S Punta Candieira co alumnado, profesorado e persoal do centro, sinceramente grazas pola vosa colaboración, dedicación e interese.

Orzamentos Participativos

O alumnado de 4º da E.S.O. do I.E.S Punta Candieira, participou no proxecto dos Orzamentos Participativos do Concello de Cedeira, orzados con 20.000 euros e será vinculante à execuciòn do orzamento municipal 2021.

Queremos que xa nosxs rapaces sexan coñecedores do funcionamento do Concello, dos seus òrganos de xestiòn e da organización das distintas áreas de xestiòn.

Fonte:

Enlace

 

Premios II Concurso de Podcast - Radio

O centro obtivo dous premios no II Concurso de Podcast – Radio

"Argallando coas palabras" foi co podcast premiado na modalidade de Secundaria. Parabéns para os alumnos de Radio Escolar de 1º de ESO.

“Hoje vai de poesía” foi o podcast premiado do grupo de BAC e Ciclos Formativos, grazas a José Germán Muiño Romero pola colaboración e a Andrés Toxeiro pola contribución e dereitos de uso dun traballo de investigación inestimable.

Fontes:

Enlace 1

Enlace 2

Enlace ó Podcast Hoje Vai de Poesía

Enlace ó Podcast Arganllando coas Palabras

Noticias en Prensa

 

Proxecto Hiperbaric Challenge – Discalzos Racing Team!!

O curso pasado alumnos de Ciclo Medio de FP de Instalacións Eléctricas e Automáticas, e Mantemento Electromecánico, sumáronse "nas súas horas libres" ao reto Hiperbárico...

Prepararon un proxecto coa colaboración dun grupo de profesores e seleccionáronos con outros 19 centros de toda España...pero o  Covid19 chegou e coa pandemia acabouse o seu soño, o noso soño, de participar nunha carreira en Burgos co vehículo de inercia que estabamos a construír...

Este ano celébrase unha nova edición  Hiperbaric  Challenge e...volvemos!!!! Deixámonos polo camiño a algúns alumnos que, aínda que non estarán, seguro que nos animarán moitísimo, e ademais, sumamos novas caras.

Fontes:

Enlace 1

Enlace 2

Noticias en Prensa

 

Muro Colaborativo Pola Igualdade

O Concello de Cedeira e Vella Escola Galega ofreceunos a posibilidade de participar na elaboración do Muro colaborativo pola Igualdade.

Os alumnos Lóva de 1º de Bacharelato e as alumnas da materia de Igualdade de 1º de ESO convertéronse en grafiteiras e grafiteiros durante dúas xornadas.

O resultado, aí queda para desfrute de toda a xente da Vila. A nós gustounos moito volver facer unha actividade no exterior, nestes tempos tan difíciles.

Grazas ao Concello pola oportunidade e grazas aos rapaces polo entusiasmo. E grazas tamén a Pablo e Brais por aprendernos tanto.

Fontes:

Enlace 1

Enlace 2

Mural en 360º

 

25 N - Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer

Os alumnos do I.E.S. Punta Candieira elaboraron multitude de materiais relacionados co 25 de Novembro, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer.

Os alumnos de 1º de E.S.O. implicados na Radio Escolar conmemoraron o día, co lema Non é non. Nunha serie de entradas relativas á lacra social e humana que supón un conteo de cifras e datos que non van a menos.

Así tamén un grupo de alumnos e alumnas que compoñen “As Lalalas” deron un concerto musical “seguro” para todos os membros da comunidade educativa do I.E.S. Puna Candieira.

Fontes:

Enlace

Podcast “Non é Non”

 

 

 

 

Reanudación Proxecto Lóva Imeterne

   

Tras o parón da compañía LÓVA IMETERNE debido ao confinamento, volvemos ás andadas!!

Fontes:

Enlace

 

Rifa Hiperbárica

Os alumnos de ciclos Formativos de Electricidade e Mantemento empezan a traballar para financiar o reto Hiperbárico...

Para elo venderon rifas a precios moi populares... para unha boa causa.

Fontes:

Enlace 1

Enlace 2

Enlace 3

  

Visita Eli Rios ó I.E.S. Punta Candiera

Visitounos Eli Rios e falounos de mulleres e sororidade por conta de "Remexido de patacas" e para os alumnos de 1º de bacharelato.

Grazas por compartir con nós o teu tempo, o teu saber e o teu humor.

Fontes:

Enlace

 

Buscando Financiación e Patrocinios no Proxecto Hiperbaric

Os membros do proxecto Hiperbaric – Discalzos Racing Team, expuxeron ó Alcalde de Cedeira Pablo Moreda e a Concelleira de Educación, Ermitas García, a finalidade do desafío educativo aberto ó alumnado do último ciclo da ESO, BAC e Ciclos Formativos a nivel nacional, e as necesidades que tiñan.

Outra forma de buscar apoios pero tamén buscan difusión e impacto na contorna onde eles viven...

Fontes:

Enlace 1

Enlace 2

Prensa

  

Actividade de Xeografía de 1º E.S.O.

Os alumnos de 1º E.S.O. realizaron estas magníficas maquetas dos volcáns na materia de Xeografía e Historia.

Uns traballos moi bos e impresionantes. Parabéns para todos os alumnos e o profesorado.

  

 

  

Gañadora da Rifa Hiperbárica

O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico:

Eva Durán Bereijo co número 284.

  

Xubilacións Profesorado ata Xuño 2020

Como é habitual nestas datas, soe celebrarse a xubilación do profesorado que remata a súa longa é fructífera vida laboral como docente.

Este ano non se puido celebrar como se viña facendo normalmente, pero sí que se lles agasallou e agradeceu a súa dedicación e valía polo profesorado do centro.

Os docentes homenajeados foron:

- Manuel Prieto

- Juan Antonio Rodríguez

 - Concha Mosquera

 

 

Felicitación Nadal 2020

Entrega Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

    

O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico: Eva Durán Bereijo co número 284.

Parabéns e a desfrutar do premio.

O equipo Discalzos Racing Team e o Profesorado do I.E.S. Punta Candieira quere agradecer a ampla e xenerosa colaboración, de todos aqueles que participaron tanto na elaboración da caixa como na compra de boletos e difusión do sorteo.

Sorteo Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

 

Con motivo do Sorteo da Caixa Hiperbárica, o número premiado foi o

284

Parabéns a/o afortunada/o do Sorteo. Temos todo xa preparado para que se leve o seu premio á casa (se quere).

O luns 21 de decembro do 2020 pola mañá se fará a entrega.

 

 

Pd: Pregamos ó/á ganador/a que veña cunha máscara máis...     imos botar moito a faltar o xamón.

Distribuir contido