Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo.

A Confraría de Pescadores de Cedeira está desenvolvendo o proxecto “Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo”, un proxecto colectivo para a protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mariños
.
Dentro deste proxecto, a Agrupación de marisqueo a pé desta confraría está realizando diferentes actividades entre as que destacan as accións de sensibilización, que inclúen unha xornada de limpeza de praias, acompañando ás mariscadoras e mariscadores a pé, e na que participará o noso alumnado de 1º ESO.

A xornada de limpeza terá lugar o día 14 de outubro, en horario de 11:30 a 13:30, na praia da Madalena.


PARA COIDAR DO NOSO MAR. A NOSA FONTE DE VIDA............A DE TODOS!!