Skip to Content

As miradas de Isaac

Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020) - Exposición As miradas de Isaac

O día 16 de marzo tivemos unha videoconferencia a raíz dunha exposición sobre a vida de Isaac Díaz Pardo, xa que é unha figura moi importante en Galiza. Isaac Díaz Pardo foi un gran impulsor da fábrica de Sargadelos, entre outras. 

Ao comezo da videoconferencia a guía, Paula Toimil, contounos a vida da súa familia e a súa infancia. O seu pai chamábase Camilo, era de Ferrol. No ano 1920 trasladouse a Compostela, no mesmo ano naceu Isaac. Dende moi novo, Camilo introduciu ao seu fillo na realización de cartaces. O pai de Isaac traballaba nun taller onde elaboraba os seus carteis para as festas, propaganda… .. seguir lendo a crónica de Beatriz Botelho Melo – 1º BAC B no blogue de Perdourando.

Obradorio “O Português Simples”

O mércores 19 de maio os alumnos e alumnas de 4º ESO tivemos unha charla/obradoiro sobre o portugués básico que se dividiu en tres unidades.  O obradoiro O Português Simples – OPS,  actividade formativa que ofrece Associaçom Galega da Língua AGAL, ten como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

Na primeira unidade nomeamos os lugares lusófonos e vimos algúns .. seguir lendo a crónica de Celia Leivas Martínez, 4º ESO-A1 no blogue de Perdourando.

Conferencia sobre enerxía mariña con Patxi García Novo

O venres día 21 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato e o de 4º da ESO tiveron unha charla sobre o emprego e as vantaxes da enerxía mariña. 

Esta charla foi impartida por Patxi G. Novo, que traballa en Nagasaki, unha cidade xaponesa historicamente portuaria. Explicou como do mar podemos obter varias enerxías renovables, como a solar e a eólica, non só a hidráulica (por exemplo, as placas solares e os eólicos no mar). Tamén falou sobre a enerxía maremotriz, que aproveita o movemento das mareas, e a undimotriz, que aproveita a enerxía das ondas e consiste en ... seguir lendo a crónica de Ainhoa Mía Quiroz Huamán, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

O mundo na túa cabeza

O venres 21 de abril o alumnado de 4º da ESO tivemos unha charla organizada pola Universidade da Coruña denominada “O mundo na túa cabeza” onde nos falaron sobre como funciona o noso cerebro.

Ao principio explicáronnos, como introdución, que son as neuronas e como funcionan. As neuronas son as células do noso corpo encargadas de percibir a información do exterior e procesala; son indispensables para o funcionamento do cerebro. Contáronnos que todos tiñamos un gran número delas e, salvo que se padeza unha enfermidade, é imposible quedarse sen elas. De feito canto máis maior sexa unha persoa ... seguir lendo a crónica de Antón Expósito Campo, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Os celtas e a materia de Bretaña

A mañá do 24 de maio, os alumnos de 2º da ESO, 3º da ESO e 1º de Bacharelato asistimos a unha representación levada a cabo por Suso Martínez e Daniel Linde. Quixéronnos explicar a historia dos celtas en Galicia e a importancia da lingua galego-portuguesa na Idade Media , e para facer a actividade máis dinámica, escenificáronnola en forma de obra de teatro. Para facela máis realista trouxeron roupa da época para poñernos en situación (por exemplo, unha saia de tea de tartán, capas da época ou unha réplica exacta duns zapatos da Idade de Bronce).
 
Comezaron falando de Andrade e Pardo de Cela, señores da Idade Media. Despois presentáronnos personaxes e sucesos importantes, como poden ser: a historia do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda; a materia de Bretaña, .. seguir lendo a crónica de Daniela Enríquez Canoura 1ºBAC-B no blogue de Perdourando.

Física Re-Creativa: Interferencia

O pasado venres 23 de abril, os alumnos de 4º ESO, 1º BACH e do ciclo de Electrónica asistimos a unha charla sobre a forma en que o noso ollo capta a luz branca cando interfire un corpo.
José Benito Vázquez Dorrío, profesor da área de Física aplicada na Universidade de Vigo, comezou dicíndonos o que iamos facer: unha serie de experimentos relacionados co mundo das ondas que o alumnado de 1º na universidade realiza en materias como Física.
Primeiro, fixo unha breve introdución sobre as ondas, propagacións no espazo da enerxía, ... seguir lendo no blogue de Perdourando a crónica de Kai Quelle de 1ºBACH A

 

Charla Bocados da Domus

O martes 13 de abril o alumnado de 4º da ESO do IES Perdouro tivemos unha charla virtual co museo Domus na cal nos falaron de distintas cuestións sobre a nutrición, a enerxía ou a contaminación.

A visita virtual trataba de relacionar a nutrición cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que compromete aos estados membros a actuar en favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes do 2030. Os ODS son 17 obxectivos que directa ou indirectamente están relacionados coa nutrición.

A exposición abordou temas ... seguir lendo a crónica de Mateo Balseiro Santos, 4º ESO-B no blogue Perdourando.
 

Conferencia Mulleres, enxeñaría e informática

O pasado mércores día 21 de abril os alumnos e alumnas de 4º da ESO tivemos unha videoconferencia sobre mulleres, enxeñaría e informática que foi impartida por Beatriz Pérez Sánchez, unha profesora da Universidade da Coruña.

A charla poderíase resumir en tres grandes puntos:

  • comentar a baixa presenza das mulleres nesta profesión.
  • os factores de influencia que fan que isto ocorra.
  • as porcentaxes de mulleres nesta clase de profesións.

A conferenciante comezou falándonos dos estereotipos sexistas, primeiro en ... seguir lendo a crónica de Saray Barro Rodríguez, 4º ESO-B no blogue de Perdourando.

Conferencia sobre impresión 3D para a elaboración de produtos de apoio

O venres 16 de abril un grupo de 4º da ESO de Tecnoloxía e o alumnado do Ciclo Medio de Electrónica do IES Perdouro tivemos unha charla sobre o uso que se lle pode dar á impresión en 3D con respecto á fabricación de obxectos para persoas con deficiencias físicas.
 
Thais Pousada García, enfermeira e membro do grupo TALIONIS foi a encargada de impartir estas charlas de divulgación científica que forman parte da campaña de difusión dos traballos de investigación levados a cabo polo grupo TALIONIS da Universidade da Coruña.

Nesta charla explicáronnos que moitos destes obxectos no mercado poden custar moitísimo diñeiro; pero, ao poder deseñalos nós no ordenador e logo imprimilos en 3D, é moito máis fácil e barato. E ademais poderiamos doar estes obxectos ás persoas que necesitan esta axuda.

Daniel Pernas Martínez, 4º ESO-B

Ler o artigo publicado na web de Talionis: aquí

Charla A física no cine de catástrofes

O mércores 14 de abril Manuel F. Herrador, profesor especializado en Enxeñaría de Camiños, veu ao noso instituto para falarnos da física no cine de catástrofes.
Para empezar, explicounos como el axudaba ao desenvolvemento de diferentes lugares sendo enxeñeiro e logo centrouse nos trens como elementos que tamén contribúen a ese desenvolvemento.
Xa entrando no cine de catástrofes destacou varias películas relacionadas co tema, como por exemplo “O fuxitivo” (película na que actuou Harrison Ford e na que descarrilaba un tren de verdade). Seguidamente falounos dos tipos de simuladores que usaban os directores para as películas, como o simulador de choques de trens ou o simulador de tsunamis (este último permite  cambiar a densidade da auga, a altura, etc para que así se poida ver máis incrible).

Tamén nos falou da película “The Dam Busters”, na cal se inspirou o director da Guerra das Galaxias. E despois estivo falando das pontes (maneiras de construílas, as pontes máis famosas e longas do mundo…) e fixo moita referencia á ponte de San Francisco en diversas películas.

Por último, centrouse no tema dos terremotos nas películas: os directores moven a cámara para facer crer que está sucedendo de verdade. Para rematar, referiuse a Tokio e ás distintas hipóteses que alí se barallan ao falar de terremotos e construcións (cantos edificios se afundirían se houbese un terremoto de tal magnitude…, canto aguantarían os edificios por dentro e por fóra,…). 
 
Foi unha charla interesante e abraiante polo feito de mesturar a física e o cine de catástrofes.

Ramiro Pereira Trillo, 4º ESO-B



by Dr. Radut