ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Curso 22 23
Concurso de fotografía matemática
Preme na imaxe para acceder ao resto de fotografías presentadas e premiadas
Fotografía gañadora
ORTIGUEIRA en PIE por la IGUALDAD
ORTIGUEIRA en PIE
por la IGUALDAD
Preme na imaxe para acceder ao contido
Mira AQUÍ a Antoloxía poética elaborada por alumnado e persoal do centro
Preme na imaxe para escoitar o tema interpretado por ESE RAS no concerto final de curso
Día da paz
O luns 30 de xaneiro, o alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización de 1° ESO fixo unha particular celebración do Día da non violencia e a Paz, colocando no corredor da entrada a Tecnoloxía unha exposición das súas pombas da Paz baseadas en obras de arte de artistas tan coñecidos como Picasso, Mondrian, Monet ou Kandinsky. Continuamos así a traballar en "Arte&STEAM".
Orientación profesional para o alumnado de Bacharelato
O pasado venres 27 de xaneiro, aproveitando a celebración do Santo Tomás de Aquino, antigas alumnas e alumnos do IES de Ortigueira visitaron o centro para colaborar nunha xornada ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL dirixida ao alumnado de bacharelato.
Nesa xuntanza falaron das súas experiencias nos diferentes graos universitarios e respostaron ás inquedanzas do noso alumnado.
Ao remate da actividade os ponentes fixeron unha imaxe para a lembranza na entrada do instituto. O IES de Ortigueira agradece publicamente a colaboración desinteresada de todos os participantes.
Actividade de iniciación á lingua e Cultura alemana
Oktoberfest mit bratwurts und Senf aber ohne bier. Prost!
Na cafetería do centro serviuse un almorzo alemán, organizando polo Departamento de Lingua francesa do centro, co motivo da festa de outono máis popular de Alemania, en versión mini.