ESO / Madeira e Moble / Bacharelato / ESA
Iniciar sesión
Datos básicos


Espazo para cubrir as enquisas de convivencia escolar
Premendo no texto en azul podes acceder aos diferentes formularios. Lembra que necesitas a clave facilitada polo centro.
ESPAZO PARA O ALUMNADO DE ESO
ESPAZO PARA ALUMNADO DE BACHARELATO E FP
Actividade de coñecemento da regueifa
Neste mes de marzo, o alumnado da ESO está a realizar unha actividade interactiva sobre a regueifa, impartida no salón de actos por Carme, unha das guías do Museo do Pobo Galego. O alumnado tivo a ocasión de coñecer esta manifestación cultural galega e mesmo relacionala con outras máis modernas de características similares e moito calado na xuventude.
A actividade, organizada polo equipo de dinamización da lingua, remata coa composición e interpretación colectiva dunha pequena copla.
Proxecto de minisatélite. Iniciativa CANSAT. Bacharelato STEM
Un grupo de alumnado de Bacharelato STEM (excelencia en ciencias e tecnoloxía) do IES de Ortigueira participa na Iniciativa CanSat da Axencia Espacial Europea. Este organismo reta aos estudiantes a construir e lanzar un mini satélite, do tamaño dunha lata de refresco. Cecilia Castro, Adrián Ismael Rodríguez, Ismael Álvarez e Álvaro Sampaio forman o grupo, coordinado polos docentes Patricia Hermida, de Tecnoloxía, e Andrés Rodríguez, de Física y Química.
A maiores do profesorado, o grupo conta coa colaboración, de tres exalumnos do centro: Jana Pernas, Enxeñeira de Telecomunicacións, que asesora no deseño do sistema de comunicación con Cansat, Sabela Iglesias, Enxeñeira Aeroespacial que colabora nas tarefas de programación, e Borja Cortés, que realiza o traballo de Fin de Grao da mesma enxeñaría e que asesora na construcción do paraídas e na programación en Arduino.
Preme AQUÍ para ver a nova na prensa.
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Unha das actividades planificadas este curso para a celebración do 11F: "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" , son os traballos que están a elaborar os nosos alumnos do Bacharelato STEM. A través deles, queren dar visibilidade ás 5 mulleres que eles mesmos escolleron: Alicia Estévez Toranzo, Mae Jemison, Katherine Johnson, María Teresa Miras Portugal e María Soledad Soengas González.
Normas de organización, funcionamento e convivencia
O alumnado deberá coñecer as normas de organización e funcionamento (NOF), e o seu novo ANEXO VI que regula o ensino virtual que pode implantarse no centro nos termos estabelecidos polas normas derivadas da situación COVID 19 e o Título II da Lei 4/2011 que establece os dereitos e deberes de convivencia a participación directa dos diferentes sectores da comunidade educativa. No Plan de Convivencia (PENDENTE) establecerase o procedemento para acadar este obxectivo.
Descarga AQUÍ o modelo de autorización específico para a participación do alumnado nas sesións de ensino virtual mediante videoconferencia.
Publícase aquí toda a normativa relacionada:
O Real Decreto 732/1995, de 5 de maio polo que se establecen os derechos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros, e a LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, que regula dereitos e deberes dos alumnos, profesores e pais. Esta última lei non deroga o R.D. anterior, aínda que si corrixe tódolos aspectos del que a contradigan.
O Decreto 8/2015, que desenvolve a Lei 4/2011.
Podes descargar aquí o Documento de constatación de feitos incluido nas NOF, que inclúe o envío á Aula de Convivencia.
Publícase aquí, como orientación para o profesorado, unha recomendación de secuencia de actuación ante unha medida leve contraria á convivencia no centro.
ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID 19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE
Preme AQUÍ para ver a enquisa. Recomendamos que todo o alumnado teña o modelo á man nun espazo visible da casa, pois é necesario facela todos os días.
Preme AQUÍ para ver o modelo de declaración responsable. Todo o alumnado do centro debe entregar ao seu titor/a este documento asinado pola nai, pai ou persoa responsable no caso do alumnado menor de idade.
Plan de adaptación á situación COVID, Plan de acollida e Plan de continxencia
Presentamos AQUÍ, MODIFICACIÓN PORPOSTA, PENDENTE DE APROBACIÓN para o coñecemento de toda a comunidade educativa, o Plan de adaptación ao contexto COVID. É importante iniciar o traballo co alumnado no coñecemento dos seus aspectos fundamentais e a concienciación colectiva para que a volta ás aulas poida producirse coa maior seguridade.
Tamén publicamos AQUÍ o Plan de acollida ao alumnado no centro para o inicio do curso 2020-2021.
A maiores, publicamos o AQUÍ o Plan de continxencia que ten por finalidade estabelecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o cese da actividade presencial nun aula/etapa educativa/centro. No seu punto 4 inclúe os horarios espello para o ensino telemático.
Información para o curso 20-21 TABOLEIRO COVID
Neste espazo publicaranse normas autonómicas e propias do centro para a preparación e o desenvolvemento do curso 20-21 naqueles aspectos relacionados co pandemia . Avisaremos mediante a aplicación ABALAR para que vaiades consultando este taboleiro.
É importante realizar o necesario traballo de concienciación, no mes de agosto e nos primeiros días de setembro para que o alumnado entenda desde os inicios as particularidades deste curso.
30 de xullo de 2020
Instrucións do 30 de xullo 2020
6 de setembro de 2020
Publicado en arquivo adxunto unha modificación ao proxecto de organización de horarios, e outras medidas para o vindeiro curso. Trátase dun documento provisional para o debate e aprobación, se procede, polos órganos colexiados do centro.
4 de outubro de 2020 Aclaración da dirección do centro sobre a xestións de gromos, para coñecemento de toda a comunidade educativa.
1 de novembro de 2020 Plan de ensino virtual
En base a este plan o IES de Ortigueira elaborará o seu "horario espello" e determinará as condicións e estratexias nas que se desenvolverá o ensino non presencial, no caso de ser necesario aplicalo.
5 de novembro de 2020
Publicados arquivos adxuntos: 1º Protocolo xeral revisado, 2º Protocolo de actividades extraescolares organizadas por outros organismos e 3º Recomendacións sobre ventilación.
14 de novembro de 2020
ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Preme AQUÍ para consultar a orde. Cubre e imprime aquí o anexo I (Solicitude)
ABALAR MOBIL, PARA RECIBIR COMUNICACIÓNS DO CENTRO
Ferramenta para consultar a información do alumnado e recibir comunicacións do centro a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Preme na imaxe para aprender a conectarte. No caso de ter dificultade envía un correo a ies.ortigueira@edu.xunta.gal
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
