Skip to Content

Biblioneme

Gañadoras do concurso de podcast Letras Galegas 2024

Xa temos gañadoras do concurso de podcast sobre a vida de Luísa Villalta, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega.

Na seguinte ligazón, podedes escoitar a biografía realizada por Lucía González e María Pereira, de 1º de Bacharelato.

Novo "Recuncho lector"

Xa queda menos para rematar e inaugurar o novo "Recuncho lector" do centro. O alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO desenvolve este proxecto deseñado por eles mesmos, coordinado polo Departamento de Artes Plásticas. A temática deste novo Recuncho será a natureza.

Grazas a todos e todas polo traballo realizado!

 

<https://animacionlectura.blogspot.com/2024/05/novo-recuncho-lector.html>

 

Concurso de podcast Letras Galegas 2024

Co motivo do Día das Letras Galegas 2024, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega organizan un concurso de podcast para coñecermos máis polo miúdo a vida da homenaxeada, Luísa Villalta.

Trátase de facer unha biografía da autora a modo de programa de radio, polo que pode participar unha ou varias persoas.

Anímate a participar, haberá un importante premio! A data límite de presentación é o venres 10 de maio.

Maís info e bases neste sitio web e no taboleiro do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut