Skip to Content

Comparteo

InnovArt'24

O IES Monte Neme asistiu o pasado venres a InnovArt´24, un evento que aglutinou as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. O alumnado do 2º, 3º e 4º de ESO puido desfrutar de todas estas actividades!

  • Actividades didácticas e actuacións en directo de música e de danza, levadas a cabo polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e o Conservatorio Superior de Música de Vigo. 
  • Demostración de ilustración dixital, a cargo da EASD Pablo Picasso da Coruña.
  • Obradoiro de estampación e personalizaron de bolsas de tea por parte da EASD Mestre Mateo de Santiago (e que puideron levar á casa). 
  • O profesorado da Escola Superior de Conservación e Restauración Bens Culturais de Galicia explicoulles o traballo que realizan os e as restauradoras.
  • Coa EASD Ramón Falcón de Lugo, puideron aprender (e facer por eles mesmos) a técnica de serigrafía aplicada á estampación textil.
  • Obradoiros de linguas por parte da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e Santiago de Compostela.
  • Diversas actividades deportivas das ensinanzas de réxime especial.

Os resultados, nas nosas redes sociais!

 



by Dr. Radut