- Solicitude de participación (Anexo II).
- Certificado de titularidade bancaria da persoa candidata.
- No caso de viaxe ecolóxica, compromiso de empregar medios de transporte ecolóxicos tanto na ida como na volta (Anexo VI).
- Certificado, de ser o caso, de coñecemento do idioma do país de destino ou do idioma de traballo (certificado de nivel B1, B2, C1 e C2).
- Xustificación documental, de ser o caso, de persoa participante con menos oportunidades (Artigo 8.4 da Resolución).
- Declaración de participación en mobilidades previas no Programa Erasmus+.
- Só no caso de opoñerse á consulta (Artigo 21 da Resolución): DNI/NIE da persoa solicitante, DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso), expediente académico, certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social, certificado de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
Esta documentación entregarase preferiblemente por correo electrónico (<erasmusmonteneme@gmail.com>) coa sinatura electrónica da persoa interesada no Anexo II, Anexo VI e na declaración de mobilidade previa; e coa sinatura electrónica da entidade financeira no caso do certificado de titularidade bancaria e da correspondente entidade certificadora de coñecemento do idioma. De non ser o caso, esta documentación pode ser enviada escaneada por correo electrónico ou entregada en man ao Dinamizador de Programas Internacionais ou depositada na Sala do Profesorado (Venancio Serrano, armario 15).
O alumnado que presente a súa solicitude terá que asistir a Dirección o día da reunión da comisión avaliadora para realizar a entrevista persoal establecida no artigo 8.3. De non asistir, enténdese que se renuncia á solicitude.
O alumnado que teña previsto realizar a FCT no vindeiro curso académico (2024/2025) e desexe realizar unha mobilidade Erasmus+, poderá tamén realizala baixo este programa (data límite de solicitude para este alumnado: domingo 20 de outubro de 2024, baixo as mesmas condicións expostas anteriormente).
Para calquera consulta, podedes contactar co Dinamizador persoalmente (Venancio Serrano, Departamento de Administración e Xestión) ou no correo <erasmusmonteneme@gmail.com>.