Skip to Content

Inauguración actividades Letras Galegas 2024

Comezamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas cunha conferencia sobre a homenaxeada deste ano, Luísa Villalta, a cargo da ensaísta e tradutora Esperanza Mariño.

Día Internacional da Danza

Co gallo da celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril), o Departamento de Música levou a cabo as seguintes accións para fomentar a danza no IES Monte Neme:

- O alumnado de 3º de ESO participou no concerto didáctico “Pleasure Island” que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Contouse coa interpretación de Estela Merlos e Ariadna Montfort (con coreografía delas mesmas) e da Real Filharmonía de Galicia, con música do compositor Januibe Tejera (Internités) e do xenial Igor Stravinsky (Danses concertantes).

- A realización por parte do alumnado de Música dun obradoiro de danza creativa do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo; e a asistencia á mostra de danza do antedito conservatorio en InnovArt 2024.

- A promoción entre o alumnado da 22ª edición da mostra Primavera en Danza de Carballo, a cal animamos a toda a comunidade educativa a participar.

Os resultados, nas nosas redes!

REDICIR en FP Innova 2024

O IES Monte Neme, xunto cos centros e entidades colaboradoras CPR Agarimo, CEE María Mariño, Asociación Íntegro, PROCEGAL, Black Wolf soluciones integrales by JG SL, Innogando e The Tree Fern, desenvolveu o proxecto “REDICIR, rede de dixitalización na economía circular”.

 

REDICIR pretende afondar en temáticas como a dixitalización, a cooperación e as estratexias de análise ambientalmente sustentábeis. Este proxecto foi premiado nos "Premios a proxectos de innovación na FP", mediante a Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

 

Estes días, estanse amosando os resultado asociados ao proxecto no FP Innova 2024 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (<https://youtube.com/shorts/My4XBTqsjRc?si=RsuexGOuNIVmjPNT>). Dispós de máis información en <https://sites.google.com/view/proxectoredicir>.

 

InnovArt'24

O IES Monte Neme asistiu o pasado venres a InnovArt´24, un evento que aglutinou as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. O alumnado do 2º, 3º e 4º de ESO puido desfrutar de todas estas actividades!

Distribuir contido


by Dr. Radut