Skip to Content

Convocatoria de axudas para material escolar para alumnado da ESO (Curso 2024/2025)

Informamos que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para alumando da ESO para o vindeiro curso 2024/25, con data límite de solicitude do venres 21 de xuño

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de GaliciaOpcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Recuncho lector

Ultimando detalles para a inauguración, o vindeiro venres no 1º recreo, do recuncho lector elaborado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO (en coordinación co Departamento de Artes Plásticas). Así de ben quedou!

Rafting no río Ulla

O alumnado de 1° BAC asistiu á unha actividade de rafting no río Ulla, en Padrón. Pasárono moi ben, como podedes comprobar nas nosas redes!

Artsurfcamp

O alumnado de 2º da ESO asistiu hoxe a unha actividade de surf na Praia de Razo! 

IOT Solutions World Congress

A pasada semana, profesorado do Departamento de Electricidade e Electrónica desplazouse a Barcelona para participar no IOT Solutions World Congress, un evento sobre tendencias de transformación dixital e tecnoloxías disruptivas. Desta forma, o profesorado fórmase para poder aplicar ditas tecnoloxías no máster de especialización de instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT) en formato dual que empezaremos a impartir no próximo curso 2024-25.

Próxima apertura do prazo de matrícula. Anótate!!!

Calendario de exames de Administración e Xestión (Finais, pendentes e perda da avaliación continua) - Curso 2023/2024

Ciclo Medio en Xestión Administrativa

1º curso

2º curso

 

Ciclo Superior en Administración e Finanzas

1º curso

2º curso

Distribuir contido


by Dr. Radut