Skip to Content

REDICIR en FP Innova 2024

O IES Monte Neme, xunto cos centros e entidades colaboradoras CPR Agarimo, CEE María Mariño, Asociación Íntegro, PROCEGAL, Black Wolf soluciones integrales by JG SL, Innogando e The Tree Fern, desenvolveu o proxecto “REDICIR, rede de dixitalización na economía circular”.

 

REDICIR pretende afondar en temáticas como a dixitalización, a cooperación e as estratexias de análise ambientalmente sustentábeis. Este proxecto foi premiado nos "Premios a proxectos de innovación na FP", mediante a Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

 

Estes días, estanse amosando os resultado asociados ao proxecto no FP Innova 2024 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (<https://youtube.com/shorts/My4XBTqsjRc?si=RsuexGOuNIVmjPNT>). Dispós de máis información en <https://sites.google.com/view/proxectoredicir>.

 

InnovArt'24

O IES Monte Neme asistiu o pasado venres a InnovArt´24, un evento que aglutinou as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. O alumnado do 2º, 3º e 4º de ESO puido desfrutar de todas estas actividades!

Concurso de podcast Letras Galegas 2024

Co motivo do Día das Letras Galegas 2024, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega organizan un concurso de podcast para coñecermos máis polo miúdo a vida da homenaxeada, Luísa Villalta.

Trátase de facer unha biografía da autora a modo de programa de radio, polo que pode participar unha ou varias persoas.

Anímate a participar, haberá un importante premio! A data límite de presentación é o venres 10 de maio.

Maís info e bases neste sitio web e no taboleiro do instituto.


Erasmus+ (Ciclo Superior)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades (2023-KA131- HED) para alumnado que estea cursando 2º curso de Ciclo Superior e desexe realizar unha mobilidade unha vez finalizado o ciclo formativo ou realizar a FCT no período setembro-decembro. O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP.
Distribuir contido


by Dr. Radut