Skip to Content

Novo "Recuncho lector"

Xa queda menos para rematar e inaugurar o novo "Recuncho lector" do centro. O alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO desenvolve este proxecto deseñado por eles mesmos, coordinado polo Departamento de Artes Plásticas. A temática deste novo Recuncho será a natureza.

Grazas a todos e todas polo traballo realizado!

 

<https://animacionlectura.blogspot.com/2024/05/novo-recuncho-lector.html>

 

Probas para Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix) - Formación Profesional

 

Aberto o prazo de inscrición nas probas específicas para acreditación voluntaria da Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix)

 

Esta proba está dirixida ao alumnado de 2º curso de grao básico e 2º de grao medio (agás os de Instalacións de Telecomunicacións e os de Instalacións Eléctricas e Automáticas, xa que a estes xa se lle concede de oficio, igual que os de ciclo superior). A validez da acreditación acadada é de 5 anos.

 

As solicitudes faranse empregando a solicitude que se atopa dispoñible na secretaría do centro. O prazo remata o 22 de maio de 2024.

Inauguración actividades Letras Galegas 2024

Comezamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas cunha conferencia sobre a homenaxeada deste ano, Luísa Villalta, a cargo da ensaísta e tradutora Esperanza Mariño.

Día Internacional da Danza

Co gallo da celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril), o Departamento de Música levou a cabo as seguintes accións para fomentar a danza no IES Monte Neme:

- O alumnado de 3º de ESO participou no concerto didáctico “Pleasure Island” que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Contouse coa interpretación de Estela Merlos e Ariadna Montfort (con coreografía delas mesmas) e da Real Filharmonía de Galicia, con música do compositor Januibe Tejera (Internités) e do xenial Igor Stravinsky (Danses concertantes).

- A realización por parte do alumnado de Música dun obradoiro de danza creativa do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo; e a asistencia á mostra de danza do antedito conservatorio en InnovArt 2024.

- A promoción entre o alumnado da 22ª edición da mostra Primavera en Danza de Carballo, a cal animamos a toda a comunidade educativa a participar.

Os resultados, nas nosas redes!

Distribuir contido


by Dr. Radut