Skip to Content

CURSO 2023/2024

Curso 2023/2024

PARTICIPACIÓN DE TELÓN DE AQUILES NO CERTAME DE TEATRO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O mércores 29 de maio no IES Rosalía Mera tivo lugar a participación de Telón de Aquiles na XXV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Rosalía Mera organizado pola Deputación da Coruña.

Telón de Aquiles nesta ocasión representou a comedia clásica grega "As nubes" de Aristófanes, nunha adaptación máis cercana ao actual século XXI. A nosa compañía Telón de Aquiles, maxistralmente dirixida polo noso compañeiro, Rafael Alonso Pica, está composta no curso 2023-2024 polo seguinte alumnado: Álex Atán, Antonio Canosa, Valle Martínez, Luca Calvo, Ale Gallego, Julia Ramil, Anthony Rivas, Yordani Mateo, Irene López, Lena Ayerbe, Ian Iglesias, Mateo Iglesias e Daniel Collazo. Na representación Telón de Aquiles tivo o magnífico apoio musical de Dijo Cuatro, o grupo instrumental de Moas, dirixido na súa excelencia polo noso compañeiro Juan Dios Cañada. Nesta ocasión a formación de Dijo Cuatro estivo formada polos seguintes alumnos e alumnas: Tomás Fernández, Alberte Díaz, Carmen López, Paula Rodeiro e Adrián López.

 

REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "AS NUBES" DE ARISTÓFANES POR TELÓN DE AQUILES NO SALÓN DE ACTOS DE MOAS.

O luns 27 de maio de 2024 tivo lugar a estrea da nova produción teatral de Telón de Aquiles cunha dobre representación no Salón de Actos do noso centro da comedia clásica grega "As nubes" de Aristófanes, nunha adaptación máis cercana ao actual século XXI. A nosa compañía Telón de Aquiles, maxistralmente dirixida polo noso compañeiro, Rafael Alonso Pica, está composta no curso 2023-2024 polo seguinte alumnado: Álex Atán, Antonio Canosa, Valle Martínez, Luca Calvo, Ale Gallego, Julia Ramil, Anthony Rivas, Yordani Mateo, Irene López, Lena Ayerbe, Ian Iglesias, Mateo Iglesias e Daniel Collazo. Nas representacións Telón de Aquiles tivo o magnífico apoio musical de Dijo Cuatro, o grupo instrumental de Moas, dirixido na súa excelencia polo noso compañeiro Juan Dios Cañada. Nesta ocasión a formación de Dijo Cuatro estivo formada polos seguintes alumnos e alumnas: Tomás Fernández, Alberte Díaz, Carmen López, Paula Rodeiro e Adrián López.

Aquí tedes unha selección de fotografías da estrea.

 

 

 

 

 

 

 

VERMES DE SEDA NO VESTÍBULO DE MOAS.

Nos meses de maio e xuño de 2024, nunha interesante iniciativa realizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, desenvolveuse unha exposición sobre os vermes da seda ao mesmo tempo que nun terrario o alumnado de Moas puido observar a evolución e cambios dos propios vermes de seda.

 

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ALUMNADO DE PROXECTO COMPETENCIAL DE 1º E 2º DE ESO NO SALÓN DE ACTOS DO IES MONTE DAS MOAS.

O martes 14 de maio de 2024 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, dirixidos e coordinados polo noso compañeiro Rafael Carrasco del Pozo, realizaron sendas representacións da obra teatral "Romeo e Xulieta" de William Shakespeare, con gran ilusión e éxito ante o público do primeiro ciclo da ESO. 

 

CHARLA E ENCONTRO LITERARIO COA ESCRITORA PAULA CARBALLEIRA EN MOAS.

O luns 13 de maio tivo lugar no Salón de Actos do IES Monte das Moas unha interesante charla da polifacética e extraordinaria  escritora, actriz, guionista, contacontos... Paula Carballeira. A charla estivo dirixida ao alumnado de 1º de ESO e de Portugués de 4º de ESO, e foi organizada pola nosa compañeira do EDLG e da Biblioteca, Ana Isabel Martínez Fernández. 

NOVO MURAL NO SALÓN DE ACTOS

 

 

No mes de maio de 2024 quedou instalado un novo mural no salón de Actos, obra da artista Laura Romero. O mural conmemora o extraordinario e triunfal paso polo concurso "Saber y ganar" do noso alumnado de 4º de ESO do curso 2023-2024, Carmela Taboada Rodríguez, Renata Pía Rial e Adrián López Bocija. O fermoso e alegre mural tamén fai alusión ao noso centro e a lugares simbólicos que están na lembranza da nosa contorna de Oza, Castrillón e os Castros.

 

 

EXPOSICIÓN SOBRE LUÍSA VILLALTA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 DE MAIO DE 2024.

Neste ano 2024, a celebración do Día das Letras Galegas, 17 de maio,  adicouse á escritora, poeta, música e docente, Luísa Villalta. O EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizaron unha exposicion no mes de maio e xuño sobre esta escritora no vestíbulo do Instituto.

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE MÚSICA GALEGA E MÚSICA GALEGA NOS RECREOS.

No mes de maio de 2024 o EDLG coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Departamento de Xeografía e Historia botou a andar un proxecto no que participou o alumnado desde 1º ESO ata 1º Bacharelato.

O alumnado deseñou cartolinas sobre artistas e grupos de música en galego de todos os xéneros nas que incluíron un código QR que leva a unha canción dese grupo que cada persoa escolleu. A exposición puidose visitar nos corredores do Instituto durante o mes de maio.

Durante os recreos e á saída do instituto durante o mes das Letras Galegas soaron as cancións seleccionadas polo alumnado para darlle visibilidade ao enorme potencial da música galega actual.

 

 

 

 

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS : "EL VIAJE".

Nos meses de abril e maio como parte das actividades que polo día e o mes do libro organiza a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá e Literatura, houbo unha exposición no vestíbulo do Instituto cos traballos finalistas da terceira edición do Concurso de Microrrelatos da Biblioteca do IES Monte das Moas. Este curso o alumnado participante tivo que escribir en torno a unha viaxe, xa que este é o tema que se está a traballar desde a Biblioteca como proxecto interdisciplinar.

Houbo tres premios para tres categorías: 1⁰ e 2⁰ de ESO, 3⁰ e 4⁰ de ESO e 1⁰ de Bacharelato.

As gañadoras do certame foron:

Irene Rodríguez Pawlov (2º ESO D)

Valle Martínez Martínez (4º ESO C)

Carmela Archilla Fragueiro (1º Bacharelato B)

 

DÍA E MES DO LIBRO 2024, E MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS 2024 NO IES MONTE DAS MOAS.

Nos meses de abril e maio de 2024 celebrouse, organizado pola Biblioteca o IES Monte das Moas, o Mercado Solidario de Libros, vinculado ao Día do Libro e ao Mes do Libro (abril) de 2024. Estas celebracións están tamén relacionadas co Día das Letras Galegas. 

Durante este tempo a comunidade escolar puido traer alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, latas de conservas, azucre, leite, legumes...). Por cada quilogramo de alimentos puidose levar un libro. Os beneficios estiveron destinados ao Banco de Alimentos de A Coruña Rías Altas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut