Skip to Content

CURSO 2023/2024

Curso 2023/2024

MINIXORNADAS CIENTÍFICAS ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA.

Nunhas “minixornadas científicas”, organizadas polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía,  o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía presentou ao alumnado de 1º de ESO diversos aspectos sobre evolución, acompañando de xeito fugaz a Darwin na súas viaxe a bordo do Beagle.

 

 

CAMPAÑA "AQUÍ TAMÉN SE FALA" NO IES MONTE DAS MOAS.

 

O EDLG, capitaneado por Ana Isabel Martínez Fernández, puxo en marcha a campaña "Aquí tamén se fala" desenvolvida en múltiples centros escolares de Galicia no curso 2023/2024. Esta foi a contribución desde o IES Monte das Moas: as alumnas e alumnos da ESO e de Bacharelato convertéronse en dinamizador@s lingüístic@s dos barrios do Castrillón, dos Castros, da Gaiteira e de Eirís e contaron coa amabilidade e participación de moit@s traballador@s do comercio local da nosa contorna.

Velaquí tedes o vídeo final da Campaña "Aquí tamén se fala". Tamén vos deixamos os vídeos que amabelmente enviaron persoas coñecidas da nosa cidade e do panorama cultural galego: muralistas como Raquel Xermade, escritores do barrio como Carlos Meixide, actores como Federico Pérez, músicos como Brais Morán, Xoán Curiel, Aida Saco Beiroa, Ugia Pedreira ou a nosa rapazada e canteira da música tradicional de Donaire, xornalistas de Radio Marca ou profesoras universitarias como Leticia Eirín, ex alumna de Moas, todos eles e elas quixeron enviar o seu apoio á campaña respondendo á petición que se lles fixo desde o EDLG de Moas.

Se queredes máis información sobre a campaña tedes esta información no Blog da Biblioteca.

 

 

ROTEIRO POLA CIDADE DA CORUÑA DO ALUMNADO DE FRANCÉS DE 1º DE BACHARELATO.

O martes 4 de xuño de 2024 o alumnado de Francés Segunda Lingua Estranxeira de 1º de Bacharelato participou nun roteiro guiado en francés pola cidade da Coruña nuha actividade organizada polo Departamento de Francés do noso centro.

 

 

ROTEIRO SOBRE LUÍSA VILLALTA POLA CORUÑA DE ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO.

Na tarde do luns 20 de maio de 2024  parte do alumnado de 1º de Bacharelato realizou un roteiro polas rúas da Coruña en relación coa escritora e música Luísa Villalta (autora a quen se adicou o Día das Letras Galegas 2024). O roteiro estivo organizado pola nosa compañeira do EDLG e do Departamento de Lingua Galega e Literatura Ana Isabel Martínez Fernández. O roteiro `pasou por diferentes puntos da cidade importantes na vida desta autora e rematou nunha imprenta da Avenida de Navarra, onde o alumnado participante puido aprender en vivo como se produce o proceso de impresión. 

 

ROTEIROS SOBRE LUÍSA VILLALTA POLA CORUÑA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O mércores 22 de maio de 2024 e o venres 31 de maio de 2024 tiveron lugar sendos roteiros sobre a escritora e música  Luísa Villalta (autora a quen se adica o Día das Letras Galegas do 2024) pola cidade da Coruña, organizados pola nosa compañeira do Departamento de Lingua Galega e Literatura Mar Hemida Pico, nos que participou o alumnado de 3º de ESO. Foi o alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO E o que o preparou a actividade e o que fixo de guía. Foi unha  experiencia novidosa no centro e foi acollida de forma positiva e motivadora polo alumnado. O roteiro partiu da praza de María Pita,e pasou pola Praza da Fariña, Casa Cornide, Cemiterio de Santo Amaro, Campo da Leña, Praza do Papagaio, Obelisco, rúa Vila de Laxe 6 e rematou no instituto. Na actividade fóronse  intercalando textos e poemas de Luísa Villalta con explicacións variadas sobre os diferentes lugares.

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCERTOS DE DIJO CUATRO NO CENTRO ÁGORA INTERPRETANDO "A FRAUTA MÁXICA" DE MOZART.

 

O venres 7 de xuño de 2024 o noso excelente grupo instrumental, Dijo Cuatro, acudiu ao Centro Ágora da Coruña para desenvolver unha actividade musical consistente en dúas actuacións interpretando a Ópera “A frauta máxica” de Mozart, nun proxecto musical realizado en colaboración co CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña e vinculado ao Contrato-Programa de EduExcelencia.

No curso 2023-2024 Dijo Cuatro, magnificamente dirixido e cooordinado polo noso compañeiro Juan José Dios Cañada, tivo a seguinte formación: Tomás Fernández Antezana, 3º ESO B, Amanda López Puñal, 2º ESO C, Alberte Díaz Kirk, 2º BACH A, Carmen López Bocija, 2º ESO C, Manuel Maceiras Ferreira, 4º ESO B, Icía Agrafojo Azpilicueta, 3º ESO B, Candela López Puñal, 4º ESO C, Izan Iglesias Callón, 2º ESO C, Alejandro Rodeiro Iglesias, 3º ESO B, Paula Rodeiro Iglesias, 1º BACH C, Renata Pía Rial, 4º ESO D, e Adrián López Bocija, 4º ESO A.

 

 

ENSAIOS DE "DIJO CUATRO" NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DA CORUÑA.

Nos meses de abril e maio de 2024 o grupo instrumental do IES Monte das Moas, Dijo Cuatro, acudiu ao Conservatorio Pofesional da Coruña para os ensaios dun concerto do proxecto musical realizado en colaboración co CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña, en relación co Contrato-Programa de EduExcelencia. No ensaio, ademais do noso marabilloso grupo de excelencia, participaron o coro do CEIP Emilia Pardo Bazán e a insigne artista Rosa Cedrón.

No curso 2023-2024 Dijo Cuatro, magnificamente dirixido e cooordinado polo noso compañeiro Juan José Dios Cañada, tivo a seguinte formación:

·        

Tomás Fernández Antezana 3º ESO B

·        

Amanda López Puñal 2º ESO C

·        

Alberte Díaz Kirk 2º BACH A

·        

Carmen López Bocija 2º ESO C

·        

Manuel Maceiras Ferreira 4º ESO B

·        

Icía Agrafojo Azpilicueta 3º ESO B

·        

Candela López Puñal 4º ESO C

·        

Izan Iglesias Callón 2º ESO C

·        

Alejandro Rodeiro Iglesias 3º ESO B

·        

Paula Rodeiro Iglesias 1º BACH C

·        

Renata Pía Rial 4º ESO D

·        

Adrián López Bocija 4º ESO A

SENDEIRISMO DE 3º DE ESO POLO ROTEIRO CAIÓN-BALDAIO.

O martes 4 de xuño de 2024 o alumnado de 3º de ESO realizou un sendeirismo, organizado polos Departamentos de Educación Física e de Bioloxía e Xeoloxía, seguindo o Roteiro que transcorre entre Caión e Baldaio. No transcurso do sendeirismo seguiron as explicacións do profesorado acompañante e respostaron por grupos a unha breve actividade sobre o que observaron e lles explicaron en relación coa natureza que viviron neste roteiro.

 

SENDEIRISMO DE 4º DE ESO POLAS FRAGAS DO EUME.

O martes 21 de maio de 2024 o alumnado de 4º de ESO realizou un sendeirismo, organizado polos Departamentos de Educación Física e de Bioloxía e Xeoloxía, seguindo o Roteiro da Ventureira nas Fragas do Eume.

SENDEIRISMO DE 1º DE BACHARELATO POLAS FRAGAS DO EUME.

O venres 3 de maio de 2024 o alumnado de 1º de Bacharelato realizou un sendeirismo, organizado polos Departamentos de Educación Física e de Bioloxía e Xeoloxía, seguindo o Roteiro da Ventureira nas Fragas do Eume.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut