RECOMENDACIÓNS SETEMBRO 2020
LINGUA GALEGA
1ºESO
Proba
de setembro de Lingua e Literatura galega para 1º ESO
O exame comprende as unidades 1 a 7,
deberase preparar polo libro de texto (os dous
primeiros cadernos).
Constará de exercicios prácticos dos apartados de gramática, vocabulario e
ortografía, coma os exames do curso e
segundo se traballou no caderno de clase.
Deberán
presentar tamén para completar a nota os seguintes materiais nun caderno con
boa letra, títulos claros, enunciados ben copiados.
·
Resumo de
lecturas: unidade 1 “O negocio da seda”, unidade 7 “Pachín”.
·
Gramática: Unidade 4,
páxina 68, exercicios 1 a 5/unidade 5, páxina 86,87 exercicios 1 a 6.
·
Vocabulario: unidade 2, En
familia , páxina 31, exercicios
3,6,7,11 / unidade 5, O corpo, páxina 85, exercicios do 2 ao 8.
·
Textos: unidade 3,
páxina 55, actividades 1 a 6
·
REDACCIÓNS (mínimo 20 liñas)
1-
Describe un modelo de heroe, un personaxe de ficción.
2-
Conta como viviches este verán (diferenzas cos
anteriores, circunstancias especiais...)
LINGUA E LITERATURA
GALEGA 2º ESO 2020
PROBA
DE SETEMBRO
Os alumnos deben preparar o exame de lingua galega de 2º
de ESO polo libro de texto (Unidades da 1 á 7). O temario correspóndese co
libro seguindo as pautas de caderno elaborado durante as clases. Nel están os
exercicios, modelos de exame, repaso...
Deberán
presentar en setembro nun caderno persoal con un mínimo de coherencia,
claridade e precisión, os seguintes exercicios:
1.- No apartado de lectura e comprensión: resumo
dos argumentos das lecturas do libro de texto correspondentes ao temas 1 “O
cíclope Polifemo”e 5 “A carta”.
2.- No
apartado de Literatura :
Páxina 40. Texto “O bolimarte”, exercicios nº 1,2
Páxina 53, 54. Texto “A rapaza do circo”, exercicios nº 3,4
Páxina 110. Texto “O mestre D. Gregorio”,
exercicios nº1,2,3,4,5
3.- No apartado de gramática, os
exercicios:
Páxina 14, nº 1, a sílaba
Páxina 31, nº 4, estrutura das palabras
Páxina 32, nº 1,a acentuación
Páxina 49, nº 3, 4, 5 o número
4.- Vocabulario traballado das unidades:
Unidade 3. Gastronomía e
hostelería, páxina 47 nº 2-3-6
Unidade 4, Os antropónimos, páxina 65, nº 1,2,3,4,5,
A NON PRESENTACIÓN DESTE MATERIAL, INCIDIRÁ NA CUALIFICACIÓN DA MATERIA.
Lingua
e Literatura galega 3º ESO.
Proba
de setembro
O exame comprende as avaliacións 1ª e 2ª
, deberase preparar polo libro de texto (dous
cadernos coas unidades da 1 á 7).
Constará dunha parte de exercicios
prácticos de morfoloxía:
acentuación, determinantes, xénero e
número, formación de palabras, vocabulario, comprensión e expresión de textos.
Haberá unha parte de literatura con
preguntas teóricas e prácticas sobre :
A Idade Media, Séculos Escuros, século XVIII.
Lecturas: deben entregar
un traballo dun dos seguintes libro de lectura:
1ª Irmán do vento,
Manuel Lourenzo
2ª O corazón
de Xúpiter, Ledicia Costa
3ª Unha
primavera para Aldara, Teresa Moure
4ª Cartas de
amor, Fran Alonso
O traballo debe seguir o seguinte esquema:
· Resumo do libro.
· Personaxes
principais.
· Opinión persoal.