Informamos ás familias da posibiblidade de solicitar máscaras para o alumnado da ESO.
Aos que xa son beneficiarios do cheque para material escolar do Fondo de Libros xa lles corresponden directamente sen necesidade de realizar solicitude algunha. Para o resto de alumnado haberá que presentar unha solicitude na secretaría do centro e serán beneficiados sempre e cando cumpran os requisitos da Orde do 6 de novembro de 2020 publicada no DOG.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS QUENDAS DE PRESENTACIÓN
Os alumnos/as esperarán na porta de entrada que lle corresponda a que o titor/a os avise para subir ás aulas e circularán pola dereita en pasillos e escaleiras.
É moi importante a puntualidade para que non haxa aglomeracións diante das entradas correspondentes e sempre mantendo as distancias de seguridade e demais medidas de tipo hixiénico-sanitarias.
Os alumnos/as entrarán sos ao recinto escolar e non se permitirá a entrada de país ou acompañantes.
As presentacións terán unha duración aproximada dunha hora.
O equipo directivo do IES Monte das Moas quere agradecer ás familias a paciencia ante o retraso da información facilitada, que se debeu, en grande medida, a cuestións alleas á xestión do centro . Neste momento estamos realizando obras para cumprir con todas as normas e protocolos sanitarios establecidos pola Consellería e así garantir a saúde dos seus fillos: ampliación de aulas, instalación de mamparas, ocupación de aulas específicas, etc para evitar a quenda de tarde e a semipresencialidade.
O IES Monte das Moas comunica para tranquilidade de alumnado e familias, que impartirá todos os cursos en HORARIO DE MAÑÁ (máis as dúas sesións habituais da tarde do martes).
A Xunta anuncia NOVAS DATAS para o comezo de curso co seguinte calendario:
DATAS DE INCORPORACIÓN AO CENTRO
23 DE SETEMBRO
1º E 2º DE ESO
1º DE BACHARELATO
24 DE SETEMBRO
3º DE ESO
2º DE BACHARELATO
25 DE SETEMBRO
4º ESO
Ante as diversas informacións que se están producindo sobre o calendario de inicio do novo curso, desdobramentos, ratios, medidas sanitarias, etc, a dirección do IES Monte das Moas quere salientar que estamos SEMPRE seguindo as instrucións da Consellería.
Toda modificación confirmada oficialmente será inmediatamente exposta nesta páxina web.
Comprendemos e compartimos a inquedanza de toda a comunidade escolar e manifestamos que seguimos traballando para garantir a seguridade sanitaria do alumnado e persoal cumprindo estritamente en cada momento as normas que nos remiten desde as autoridades educativas.
O alumnado aprobado de 2º de BAC. recollerá na oficina do centro a documentación para solicitar o título de Bacharelato e para a matrícula ABAU, o día 3 de setembro ás 10:15 horas.
Entregarán a documentación debidamente cumprimentada o día 4 ou 7 de setembro na oficina de 10:00 a 13:00 horas.
O IES Monte das Moas foi o mellor centro público da cidade de A Coruña en porcentaxe e nota media nas probas ABAU.
Agradecemento ao equipo docente, as familias e o alumnado polo esforzo realizado nestes difíciles momentos.
HORARIO DE VERÁN
XULLO
DE 10:00 A 13:00
AGOSTO
DE 10:00 A 11:00
ATENCIÓN!!!!
DEVOLUCIÓN EN SETEMBRO 2020 DOS LIBROS DO FONDO
4º ESO: LUNS 7 DE 16:30 A 18:00 HORAS 1º ESO: MARTES 8 DE 10:00 A 13:00 HORAS 3º ESO: MARTES 8 DE 16:30 A 18:00 HORAS 2º ESO: MÉRCORES 9 DE 09:00 A 13:00 HORAS
Manter as distancias de seguridade e non formar grupos
Uso de máscaras
As nais e pais non poderán acceder ao recinto
O equipo "Cre@tivas" de 4 ESO TIC (Lara, Raquel, Susana, Patricia, Carlota, María, Fátima y Ariadna) foi galardoado co primeiro premio, na categoría Senior, no prestixioso concurso nacional Wisibilizalas promovido pola Universidade Pompeu i Fabra de Barcelona polo seu traballo.
VÍDEO DA PROMOCIÓN DE 2º de BAC. DO IES MONTE DAS MOAS
AVISO
O venres 19 remata o prazo para solicitar o fondo de libros, despois desa data non se admiten solicitudes.
COMUNICACIÓN DA RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BAC.
Comunícase ás familias do alumnado de 6º E.P. dos centros ANXO DA GARDA, SAL LENCE e FERNÁNDEZ LATORRE, que deben pasar a recoller o sobre de matrícula para o curso 2020/21 ao IES Monte das Moas, a partir do 22 de xuño en horario de 9:00 a 13: h.
Dous equipos de 2º de Bacharelato TIC conseguiron dous galardóns no Campionato Mundial de Modelado con móbil D3Mobile da USC:
-Premio ó modelo 3D máis votado -Premio á divulgación científica na USC
Os dous equipos do Moas Maker Space resultaron gañadores na convocatoria do Cansatna fase autonómica (categoría de logros técnicos):
1º Premio: Unha Galega na Lúa
2º Premio: Estrela Rosalía
PARABÉNS!!
A organización do Certame de Teatro da Diputación publicou a montaxe destes versos de La vida es sueño. Un símbolo nestes días de confinamento. Contou coa colaboración dos actores do Telón de aquiles do IES MOnte das Moas.
Participación de 4 equipos do IES Monte das Moas no Concurso Internacional de Modelado 3d co móbil
COMUNICAMOS ÁS FAMILIAS QUE SOLICITARON PRAZA NO IES MONTE DAS MOAS PARA O VINDEIRO CURSO 2020-21, QUE TEÑEN EXPOSTO NO TABOLEIRO DO CENTRO, A LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO.
TRAS A AVALIACIÓN REALIZADAPOLOS EQUIPOS DOCENTES, PROCEDERASEAO ENVÍO DOS BOLETÍNS DO ALUMNADO A TRAVÉS DA APLICACIÓN ABALAR NOS PRÓXIMOS DÍAS.
Rogamos que quen non dispoña de dita aplicaciónse poña en contacto co centro a través do correoies.monte.moas@edu.xunta.es para facilitarlle o boletín por correo.
(02/03/2020)
MARZO 2020
ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES. PINCHAR AQUÍ
AVISO
Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU. Para seguir a información pinche no enlace.
Os detalles concretos das medidas que se tomarán no próximos días iranse publicando na web e informarase a Comunidade Escolar tan pronto se coñezan.
AVISO
A partir de mañá, luns 23 de marzo, comenzaranse a emitir contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe de todos so alumnos durante o estado de alarma. De 6 a 12 anos en CLAN TV e de 12 a 16 anos en la 2 TVE.
AVISO
A dirección do IES Monte das Moas quere transmitir calma ao alumnado ante a situación creada por mor do Covid-19. Transmitir que NON se tomará ningunha decisión que prexudique as cualificacións obtidas polo de agora e que a realización da segunda avaliación para ESO e 1º de BAC ou a 3ª de 2º de BAC queda suxeita ás instrucións da consellería.
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que
finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática
para a presentación das solicitudes.
A atención telefónica e telemática do IES seguen en vigor e coa plena vocación de servicio habitual, se ben
polas limitacións na forza laboral recoméndase encarecidamente encauzar todos os contactos vía correo
electrónico: ies.monte.moas@edu.xunta.es
En consideración á velocidade á que se suceden os acontecementos, remitímonos á páxina web oficial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (á súa vez con importantes enlaces a fontes complementarias), coa recomendación a todas as persoas interesadas de que procuren manterse atentos as canles oficiais de comunicación das autoridades competentes no asunto:
É de particular aplicación o publicado no BOE sobre a declaración do estado de alarma, e no DOGA sobre a declaración de situación de emerxencia sanitaria.
No blog BIBLIOMOAS, estánse colgando unha serie de recursos, xogos, enlaces de interese e actividades que poden axudar e servir a formación do alumnado do centro
Os equipos docentes publicamos aquí unha lista de medios, por departamentos, con propostas de actividades ou ferramentas para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. A realización de ditas actividades non terá carácter avaliable pero si é necesaria para a correcta formación do alumnado.
AS ACTIVIDADES ESTÁN PUBLICADAS NA SECCIÓN QUE ESTÁ SITUADA NA PARTE SUPERIOR DEREITA DESTA PÁXINA E ESTÁ EN CONSTANTE REVISIÓN.
Hoxe, 10 de febreiro, os dous equipos do Moas Maker Space que compiten no CanSat (concurso da Axencia Espacial Europea) foron entrevistados no programa de Radio Voz por Loreto Silvoso para explicar en que consiste cadanseu proxecto.
Os dous equipos no estudio de Radio Voz xunto coa presentadora e abaixo coa súa profesora, Conchi Fernández.
O pasado 8 de febreiro o grupo de teatro do IES Monte das Moas, "Telón de Aquiles" , tivo o privilexio de asistir ao campus de teatro dos Premios Buero da Fundación Cocacola.
Os teatreiros de Monte das Moas xunto co director do grupo, Rafael Alonso
Alumnado de Tecnoloxía do IES Monte das Moas prepara no Moas Maker Space un minisatélite para participar no CanSat, un concurso nacional da Axencia Espacial Europea.
O grupo ao completo.
Para ir ao artigo de La Voz de Galicia clica AQUI ou na imaxe.
Charla de Amnistía Internacional organizada polo Departamento de Filosofía para o alumnado de 4º de ESO a mans do activista polos dereitos humanos Alfredo Okenve, de Guinea Ecuatorial.
NOVEMBRO 2019
Visita do alumnado de 3º de ESO ao CIS (Centro de innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía) en Ferrol e ao museo do Humor de Fene.