Entre os días 10 e 15 de marzo de 2024 tivo lugar a viaxe de fin de etapa de 4º de ESO a Portugal. Na viaxe o alumnado de 4º de ESO estivo acompañado polas nosas compañeiras Margarita Fernández Iglesias, Yolanda Gondell Delgado e Begoña Martínez Carballido e polo noso compañeiro Juan Colao Barbas. Na viaxe visitaron diferentes lugares de interese e cidades do noso país irmán. Tendo como base a zona de Costa da Caparica (arredores de Lisboa) visitaron a propia capital lisboeta (Belém, o Chiado, o Oceanario e outros lugares de interese de Lisboa), a Serra da Arrábida, o Cabo espichel, Sesimbra, Estoril, Cascais, a Boca do Inferno, un parque de aventuras, Sintra (o Palacio da Pena, a Quinta da Regaleira...), Porto, Coimbra e outros lugares.
Aquí tedes unha escolma en fotos da viaxe: