Skip to Content

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

No seguinte enlace tedes a información da convocatoria das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Actualización para a validación de materias para o alumnado de 1º Bacharelato que cursa ensinanzas profesionais de música e danza

Habilítase un novo prazo de solicitudes de validacións para o alumnado que cumpra os requisitos de táboas de validación que aparecen no anexo seguinte.

Anexo coas táboas de validación para o alumnado que cursa 1º de bacharelato

Datas exames pendentes 2ª avaliación

Enlace ao calendario de exames.

Bolsas Canadá 2023/2024

No seguinte enlace hai información sobre a solicitude de bolsas de estudos en Canadá para o vindeiro curso escolar e dirixidas ao alumnado que actualmente cursa 4º ESO. Están subvencionadas polo Concello da Coruña e o prazo de inscrición é do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.

Probas de acceso a ciclos

Ligazón á información sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior e calendario das probas de acceso.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A VIAXE A PORTUGAL DE 4º DE ESO

Estimadas familias,

No documento adxunto se lles informa sobre aspectos transcendentais da viaxe de fin de etapa/curso de 4º ESO do IES Monte das Moas do curso 2022-23.

Entre as cuestións sobre as que se lles vai informar con respecto á viaxe están: o prezo total, as datas, o aloxamento e comidas, os itinerarios e visitas, o calendario de pago, as formas de pago,  a posibilidade de un seguro de anulación voluntario, a documentación necesaria e obrigatoria, o profesorado acompañante,os datos da axencia de viaxes e da persoa responsable da axencia de viaxes.

Para acceder ao documento adxunto deben premer na seguinte ligazón:

documento en pdf.

Distribuir contido


by Dr. Radut