Skip to Content

CURSO 2022/23

EXPOSICIÓN DE 1º DE ESO SOBRE ESPAZOS E PAISAXES NATURAIS

EXPOSICIÓN DE 1º DE ESO SOBRE ESPAZOS E PAISAXES NATURAIS

 

O alumnado de 1º ESO A e B realizou uns traballos de investigación grupais para a materia de Bioloxía e Xeoloxía, nos que tiveron que elixir unha paisaxe deteriorada de Galicia, indagar sobre ela, e propoñer un plan para restaurala. Os traballos estiveron  expostos no corredor das aulas de 1º ESO ao longo da 1ª avaliación.

EXPOSICIÓN NO MES DA CIENCIA EN GALEGO: TRABALLOS DE ALUMNADO DE 1º DE ESO SOBRE INVENTOS GALEGOS

EXPOSICIÓN NO MES DA CIENCIA EN GALEGO: TRABALLOS DE ALUMNADO DE 1º DE ESO SOBRE INVENTOS GALEGOS

En conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 1º ESO, nas aulas de Lingua Galega e Literatura, deseñou maquetas de coñecidos inventos galegos, ou realizou os seus propios inventos, expostos no Espazo Exositivo do noso centro ao longo do mes de outubro.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A VIAXE A PORTUGAL DE 4º DE ESO

Estimadas familias,

No documento adxunto se lles informa sobre aspectos transcendentais da viaxe de fin de etapa/curso de 4º ESO do IES Monte das Moas do curso 2022-23.

Entre as cuestións sobre as que se lles vai informar con respecto á viaxe están: o prezo total, as datas, o aloxamento e comidas, os itinerarios e visitas, o calendario de pago, as formas de pago,  a posibilidade de un seguro de anulación voluntario, a documentación necesaria e obrigatoria, o profesorado acompañante,os datos da axencia de viaxes e da persoa responsable da axencia de viaxes.

Para acceder ao documento adxunto deben premer na seguinte ligazón:

documento en pdf.

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS: 17 DE OUTUBRO DE 2022.

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN

DO DÍA DAS ESCRITORAS: 17 DE

OUTUBRO DE 2022.

 

 

Ao longo do mes de outubro de 2022 tivo lugar

nos espazos expositivos do centro unha mostra

de traballos do alumnado do noso Instituto e

cartaces de escritoras galegas en

conmemoración do DÍA DAS ESCRITORAS: 17

DE OUTUBRO DE 2022.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2022 NO MOAS.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2022 NO

IES MONTE DAS MOAS.

O venres 28 de outubro unha

parte da comunidade escolar

disfrazouse para celebrar o

Samaín (alumnado, profesorado

e persoal administrativo e de

servizos participaron da

terrorífica e tradicional

celebración).

 

ENTREGA DE PREMIOS DOS MICRORRELATOS, BANDA DESEÑADA E TABOLEIROS DE TERROR PARA O SAMAÍN 2022.

ENTREGA DE PREMIOS DOS

MICRORRELATOS, BANDA

DESEÑADA  E TABOLEIROS DE

TERROR PARA O SAMAÍN 2022.

 

O día 21 de novembro no recreo tivo lugar  na Biblioteca do IES Monte das Moas a entrega dos premios dos microrrelatos ilustrados e banda deseñada de terror da convocatoria feita polo EDLG e polo Equipo da  Biblioteca para a celebración do Samaín do 2022.

 

As persoas premiadas foron:

 

Manuela Díaz Real de 1º ESO C;

 

Lola Vieites de 1º ESO B, na modalidade de debuxo;

 

Mariano Salvador Carrillo Gómez de 2º ESO D;

 

Noa Varela Guzmán de 3º ESO D;

 

Alma Quing Ramas Corrales de 1º Bach B;

 

e Alberte Díaz Kirk de 1º Bach B, na modalidade de banda deseñada

 

Na modalidade de taboleiros de terror para decorar as aulas, resultaron gañadores os grupos de 1º ESO D e 1º ESO A:

 

Aquí tedes unha galería de fotos dos premiados:

CONCURSO DE "TABOLEIROS DE TERROR" NO SAMAÍN PARA 1º E 2º DE ESO.

CONCURSO DE "TABOLEIROS DE TERROR"

NO SAMAÍN PARA 1º E 2º DE ESO.

 

 

Ao longo do mes de outubro, promovido polo EDLG e polo Equipo da

Biblioteca, coa colaboración dos titores e titoras dos grupos de 1º e 2º de

ESO, e coa participación, colectiva e masiva, do alumnado destes niveis,

tivo lugar o Concurso de Taboleiros de Terror para o Samaín de 2022.

 

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA E UN VÍDEO SOBRE OS

DIFERENTES E TERORÍFICOS TRABALLOS.

 

 

CONCURSO E EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS DE TERROR ILUSTRADOS E BANDA DESEÑADA ARREPIANTES PARA O SAMAÍN DE 2022.

CONCURSO E EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS

DE TERROR ILUSTRADOS E BANDA DESEÑADA

ARREPIANTES PARA O SAMAÍN DE 2022.

 

Ao longo do mes de outubro de 2022 tiveron lugar,

promovidos polos Equipos da Biblioteca e do EDLG, o

concurso para o alumnado de 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º

de Bacharelato, e a exposición dos traballos, de relatos de

terror ilustrados e banda deseñada arrepiante, de dito

concurso, aberta a todo o alumnado do centro.

 

Velaí vai unha escolma de fotografías e un vídeo sobre os

traballos presentados e expostos.

 

 

 

 

 

 

CONCURSO E EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS DE TERROR ILUSTRADOS E BANDA DESEÑADA ARREPIANTES PARA O SAMAÍN DE 2022.

CONCURSO E EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS

DE TERROR ILUSTRADOS E BANDA DESEÑADA

ARREPIANTES PARA O SAMAÍN DE 2022.

 

Ao longo do mes de outubro de 2022 tiveron lugar,

promovidos polos Equipos da Biblioteca e do EDLG, o

concurso para o alumnado de 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º

de Bacharelato, e a exposición dos traballos, de relatos de

terror ilustrados e banda deseñada arrepiante, de dito

concurso, aberta a todo o alumnado do centro.

 

Velaí vai unha escolma de fotografías e un vídeo sobre os

traballos presentados e expostos.

 

 

 

 

 

 

VISITA DE 3º DE ESO AO MUSEO DE BELAS ARTES Á EXPOSICIÓN "MIRAR, VER, PERCIBIR".

VISITA DE 3º DE ESO AO MUSEO DE BELAS

ARTES Á EXPOSICIÓN "MIRAR, VER,

PERCIBIR".

 

Os días 13 e 14 de outubro tiveron lugar, organizadas polo Departamento de Debuxo e Artes Plásticas, dúas visitas, de 3º de ESO C e D, e 3º de ESO A e B, respectivamente, ao Museo de Belas Artes da Coruña para visitar a Exposición "Mirar, ver, percibir".

Distribuir contido


by Dr. Radut