Skip to Content

CURSO 2022/23

ENTREVISTA NA RADIO CORUÑA CADEA SER CO GALLO DA CONMEMORACIÓN DO 25N NO IES MONTE DAS MOAS

ENTREVISTA NA RADIO CORUÑA CADEA SER CO GALLO DA CONMEMORACIÓN DO 25N NO IES MONTE DAS MOAS

 

En relación coas actividades de conmemoración do 25 N "Día contra a violencia de xénero" no IES Monte das Moas, un redactor de Radio Coruña Cadea Ser, Pablo Díaz Bouza, se desprazou ata o noso centro para que se desenvolvese a participación de dúas profesoras, Margarita Fernández e Ana Isabel Martínez, e de unha alumna e un alumno, Elisa Pérez e Pablo Uría,  do noso Instituto, nun programa relacionado coa terrible cuestión da violencia de xénero e coa percepción desta problemática desde o punto de vista do profesorado dos centros educativos e dos propios adolescentes.

Se queredes escoitar o audio desta entrevista podedes escoitalo nunha entrada do BLOG DA BIBLIOTECA do noso Instituto nesta mesma páxina web do IES Monte das Moas.

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 3º DE ESO E 1º DE BACHARELATO SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 3º DE ESO E 1º DE BACHARELATO SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

Ao longo do mes de novembro de 2022 o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, durante o mes da Ciencia en Galego, desenvolveu co alumnado de 3º de ESO  e 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada unha investigación sobre a promoción de hábitos de vida saudables, en concreto os relacionados cos aparellos respiratorio e circulatorio, que se concretou posteriormente nunha exposición destes traballos ao longo de decembro de 20222 nos paneis expositivos do vestíbulo do noso Instituto.

O alumnado de 3°ESO fixo como produto final uns carteis nos que fan referencia á importancia de evitar o hábito tabáquico e o consumo de vapeadores ou cachimbas, comer sá para evitar a arterioesclerose e os infartos... e o alumnado de 1°Bach elaborou uns trípticos de divulgación sobre a EPOC, xa que a súa prevalencia aumentou nos últimos anos.

 

 

 

PALESTRA DE CULTURA CABOVERDIANA NAS AULAS DE PORTUGUÉS

PALESTRA DE CULTURA CABOVERDIANA NAS AULAS DE PORTUGUÉS

 A finais do mes de novembro de 2022 visitaron as aulas do noso alumnado de portugués de 1º, 2º e 3º de ESO os profesores caboverdianos Lourenço Gomes e Elter Carlos nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e o EDLG. Os nosos convidados ilustraron ao alumnado sobre moi diferentes e interesantes aspectos da historia, natureza, lingua, música e cultura de Cabo Verde.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DA ESCRITORA BERTA DÁVILA PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO E º DE BACHARELATO

CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DA ESCRITORA BERTA DÁVILA PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO

 

A escritora Berta Dávila deu unha charla no Salón de actos do noso instituto o 21 de novembro de 2022.

A actividade estivo organizada polo Departamento de Lingua Galega e o EDLG, e puido desenvolverse grazas á colaboración do Servizo de NormalizaciónLingüística do Concello da Coruña.

A autora mantivo unha animada charla e coloquio co alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do noso instituto. 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN E XINCANA SOBRE AS MATEMÁTICAS NO MUNDO ANTIGO

EXPOSICIÓN E XiNCANA SOBRE AS MATEMÁTICAS

NO MUNDO ANTIGO

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego durante o mes de novembro o EDLG do centro organizou unha moi interesante exposición da Historia das Matemáticas, en relación coas Matemáticas no Mundo Antigo, que foi elaborada no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Posteriormente, en decembro, o Departamento de Matemáticas deseñou e levou a cabo unha xincana co alumnado de 2º ESO sobre os contidos da exposición.

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO:XEAS, MULLERES QUE ESTUDAN A TERRA

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO MES DA CIENCIA  EN GALEGO: "XEAS, MULLERES QUE ESTUDAN A TERRA"

 

Para conmemorar este mes da Ciencia en Galego, NOVEMBRO DE 2022, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, en colaboración co EDGL, organizou, no vestíbulo de entrada do instituto, esta magnífica exposición sobre mulleres xeólogas da autoría de Rosa María Mateos e Ana Ruiz Constán con fermosas ilustracións de Nívola Uyá que edita a Sociedade Xeolóxica de España

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE XEOGRAFÍA POLÍTICA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE XEOGRAFÍA POLÍTICA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

 

Ao longo do mes de novembro de 2022 estiveron expostos no Espazo Expositivo do centro os traballos sobre sistemas e réximes políticos do noso mundo realizados polo alumnado dos distintos grupos de 3º de ESO na materia de Xeografía e Historia.

 

 

 

 

SAÍDA AO CENTRO ÁGORA DO ALUMNADO DE TIC DE 4º DE ESO PARA UN OBRADOIRO/CONCURSO DE ROBÓTICA

O venres 11 de outubro, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, tivo lugar unha saída do alumnado de TIC de 4º de ESO para participar, no Centro Ágora da Coruña, nun concurso/obradoiro de robótica desenvolvido por Igaciencia coa colaboración do Concello da Coruña

 

 

 

CHARLA PARA ALUMNADO DE 3º DE ESO DO CREADOR DE VIDEOXOGOS CARLOS DOURADO DE QARAMELO VIDEOXOGOS

CHARLA PARA ALUMNADO DE 3º DE ESO DO CREADOR DE VIDEOXOGOS CARLOS DOURADO DE QARAMELO VIDEOXOGOS

 

O xoves 27 de outubro visitou o Salón de actos do noso centro Carlos Dourado de Qaramelo videoxogos. Na súa charla/conversa contou ao alumnado de 3º de ESO a formación que fixo para poder dedicarse a creación de videoxogos, tamén como se elabora un videoxogo e as razóns que o levaron a crear videoxogos en galego. 

A actividade foi organizada polo EDLG e polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, e foi posible grazas á colaboración do SNL do Concello da Coruña que ten esta charla como unha das que oferta a centros educativos para visibilizar traballos culturais feitos en galego.

 

 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA E VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO C/D

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA E VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO C/D

 

 

O Departamento de Lingua Galega e Literatura, coa colaboración do EDLG e o Departamento de Xeografía e Historia organizaron, o día 8 de novembro, unha visita en tren á cidade de Compostela e ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 3º de ESO C e D. Na saída percorreron a Alameda compostelá, o casco histórico da cidade, parándose en diferentes fitos da mesma, e culminaron a mesma coa visita ao Parlamento de Galicia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut