Resultado de imagen de logo fse en galego

ANPA Zalaeta-Campo da Leña

Actividade de IOGA no instituto. Para profesorado, nais/pais, estudantes

Dirixida a profesorado, nais/pais, estudantes. Faise os martes a partir das 18 horas. O seu prezo é 15 euros/mes e pódese asistir a unha sesión para probar.

Ioga

 

Técnicas de apoio educativo

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

 
Para aqueles rapaces/as que lles guste a banda deseñada, a ANPA ofértalles :
 
 
 
Título: 
UN PASEO ENTRE VIÑETAS CON MANEL CRÁNEO
Contidos:
1. Orixes e formatos do cómic como medio de expresión
2. O proceso creativo da historieta:
A. Buscar a idea e desarrollar o guión
B. Elementos propios da metalinguaxe da banda deseñada 
(globos, onomatopeias, metáforas visuais, elipse argumental, liñas cinéticas, etc)
C. Planificación da páxina
formato é de exposición dunha presentación con exemplos gráficos e prácticas de cada parte do guión previsto.
 
Empezaríase cun obradoiro de 2 horas de duración un venres pola tarde. 

BANCO DE LIBROS. Horario na quenda de setembro

CONVOCATORIA DE SETEMBRO. BANCO DE LIBROS

Horario: 10:30-12 e 16:30 a 18 horas

SOCIOS DA ANPA: Entregan libros o 8 de setembro

NON SOCIOS: Entregan libros o 9 e 10

TODOS RECOLLEN libros o 11 e 12

 

 

Folga día 24 de outubro. Manifestacións. Desde a ANPA animamos á participación nesta protesta

MANIFESTACIÓNS NO DÍA DE FOLGA 24 DE OUTUBRO DE 2013

Por un ensino público accesible e de calidade.

Animamos á participación nas mobilizacións organizadas.

Todo suma!

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público: Manifestación día 24 ás 11,30 saída da Praza de Vigo

Plataforma en Defensa do Ensino Público: Manifestación día 24 ás 19,30, saída da Praza da Palloza

 

Banco de libros: Un beneficio para todas as familias

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Unha axuda, un sorriso

SOLIDARIEDADE, INTERCAMBIO, REDUCIR O CONSUMO INNECESARIO... Moitos son os argumentos a favor de contar no centro cun Banco de Libros de Texto. A ANPA, outras persoas (nais, pais) e a propia dirección queriamos por en marcha esta iniciativa. É a primeira vez que a organizamos, seguro que haberá que aprender moito para os próximos anos. Algo no que si estabamos de acordo na ANPA era na necesidade que o proceso fose transparente, esperamos que o consigamos, esperemos que haxa moitos libros a repartir e que cheguen a quen máis o necesita. Pero, tamén queremos aclaralo, a ANPA non é quen para investigar a ninguén e por iso non introducimos ningún criterio que puidese afectar á privacidade das familias.

UNHA ACLARACIÓN: No folleto que se entregou no centro ao alumnado figura que os libros se recollerán o 1 e 2 de xullo pola tarde pero iso non é posible xa que o centro pecha pola tarde en xullo. Así o horario de entrega e recepción de libros será pola mañá. En setembro xa o poñeremos no centro.

Coa vosa axuda conseguiremos que esta iniciativa sexa un éxito.

Saúdos

Directiva ANPA Zalaeta


Convocatorias para a folga xeral do 9 de maio

Pola mañá, ás 11,30 horas:

 

Pola tarde, ás 19,30 horas:

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer