Resultado de imagen de logo fse en galego

ANPA Zalaeta-Campo da Leña

Charla debate sobre a Lei de Mellora da Calidade Educativa: Mércores 10 de abril ás 7 da tarde

A ANPA organiza unha charla-debate sobre a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa o próximo mércores 10 de abril ás 19 horas. No salón de actos do instituto.

Participan dúas persoas con ampla experiencia educativa e bo coñecemento do proxecto de lei: Jurjo Torres, catedrático de didáctica e organización escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña e María Xosé Bravo, a orientadora de Zalaeta. Convidamos tamén á Consellaría pero non está confirmada a súa presenza.

Esta lei vai condicionar o futuro educativo das nosas fillas e fillos. A pesar das múltiples novas que aparecen na prensa sobre a mesma pensamos que hai bastante descoñecemento da norma e de como pode afectar a toda a comunidade educativa.

Esperamos a vosa participación e rogamos a difusión deste evento o máximo posible.

Moitas grazas
Recibe un saúdo
Directiva ANPA Zalaeta Campo da Leña

ANULADA a actividade de astronomía e chocolatada para recibir á primavera

O mal tempo impide realizar esta actividade hoxe, cambiando a súa celebración en abril, sen data concreta aínda.

Venres, 22 de marzo: O Instituto recibe á primavera co alumnado e pais e nais

Actuación musical, chocolatada, astronomía! Todo a partir das 20 horas do venres 22 de marzo. Para recibir á primavera, unha actividade organizada polo instituto á que convidan a pais, nais e alumnado.

 

MÉRCORES 20 DE MARZO: O INSTITUTO RECIBE Á PRIMAVERA, ALUMNADO E PAIS E NAIS

MÉRCORES 20 DE MARZO: O INSTITUTO RECIBE Á PRIMAVERA, ALUMNADO E PAIS E NAIS

O instituto programou unha actividade especial na se convida a participar a pais e nais xunto ao alumnado.

Chocolatada, actuación musical, astronomía. Todo a partir das 19,30 horas do mércores 20 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza unha conferencia informativa sobre a LOMCE

A Plataforma Galega en defensa do ensino público organiza unha conferencia de información sobre a LOMCE. Será o día 7 de febreiro ás 20 horas no IES Salvador de Madariaga.

Galiza Nova tamén apoia a folga de estudantes

Galiza Nova apoia a folga de estudantes e convoca mobilizacións en toda Galiza. Na Coruña será o 6 de febreiro ás 12 hora na Praza de Pontevedra.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer