Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comercio e Marketing

EDUEMPRENDE

 

Experiencias para poñer en valor o emprendemento e o esforzo persoal, dirixidas a alumnado de ciclos formativos. Organizado pola @camaracoruna

VISITA AO POSTO DE INSPECCIÓN FRONTEIRIZA

O alumnado de 1.° curso de Comercio Internacional realizou unha visita ao Posto de Inspección Fronteiriza do Porto da Coruña. A visita permitiulles coñecer situacións reais relativas a importacións e exportacións e a casuística propia da xestión alfandegueira, algo indispensable neste ciclo.

MOBILIDADES INTERNACIONAIS FP

Continúan as mobilidades internacionais!! Portugal, Italia e Malta son os destinos do noso alumnado de Comercio Internacional, Xestión de Vendas e Eapazos Comerciais e Actividades Comerciais. Seguimos ampliando fronteiras e, por primeira vez, tamén o alumnado de ciclo medio participa neste tipo de mobilidades. Nestes días están viaxando aos seus respectivos destinos. Rapazada, aprendede moito! Estamos desexando que nos contedes boas novas!

I FEIRA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O 25 de marzo tivemos a oportunidade de participar na I Feira de Orientación Académica e Profesional que se celebrou no Concello de Oleiros.
Agradecemos a Iago, Nikol e Sergio, alumnos de ciclos formativos do centro, que nos acompañaran durante toda a xornada. Sen dúbida, os nosos mellores embaixadores!
 

ESCAPARATE TENDA DE COMPLEMENTOS

Nestes días o Entroido enche de cor as nosas rúas, e como non podía ser doutro xeito, o noso escaparate loce espectacular con esta tenda de complementos tan orixinal! Deseñada polo alumnado de escaparatismo de 2.° curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

ESCAPARATE DE SAN VALENTÍN

 

Este San Valentín, celebramos o amor...en todos os sentidos!
Escaparate deseñado polo alumnado de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer