Punto Laranxa contra o acoso escolar

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "ESTAMOS CONTIGO"

 

Chega decembro...e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega presenta un curso máis o Concurso de Postais de Nadal.
Seguindo na liña do ano pasado queremos que as postais teñan unha ou varias persoas destinatarias. Pensa en alguén a quen queiras sorprender, unha residencia de anciáns, un hospital...Recibir unha postal sempre é motivo de ledicia e espallar sorrisos é motivo máis que suficiente para participar. Presta atención ás bases, e ponte mans á obra, aproveita a ponte para deseñar a túa postal. As postais gañadoras empregaranse pars felicitar o Nadal desde a web e as redes sociais do instituto!
BASES
Que teño que facer?
1.Deseñar unha postal de Nadal, en folio ou cartolina tamaño A5 ou A4 dobrado pola metade, empregando materiais como pinturas, acuarelas, rotuladores, etc., ou ben deseñándoa dixitalmente e logo imprimíndoa (podemos imprila no centro se o necesitas). 2. No interior da postal deberás escribir unha mensaxe ou carta dirixida a algún destinatario ou algunha destinataria. Trátase dunha mensaxe de gratitude dirixida a algunha entidade ou persoa que consideres que poida ser merecedora de tal agradecemento. Por exemplo, elixir unha residencia de anciáns, e dedicarlle unhas palabras de ánimo e acompañamento; un hospital, ou centro de saúde, e transmitir unha mensaxe de esperanza e forza; un supermercado, ou mesmo unha pequena tenda do teu barrio, e darlle as grazas por estar aí, o teu antigo colexio, ou mesmo un familiar ou amigo que sabes que o está a pasar mal. Desde Zalaeta queremos transmitirlle á comunidade a mensaxe de “estamos contigo”. O EDLG encargarase de facer chegar a túa postal ao seu destino. 3.Lingua en que se redactará o texto: galego. 4.Na postal ten que figurar: nome, apelidos e curso do autor ou da autora, e categoría pola que se participa. 5.A postal ten que ser enviada dentro dun sobre, no cal aparecerá o enderezo ao que vai dirixida: - Nome e apelidos/Institución/Establecemento/Persoa destinataria da postal. - Enderezo completo: rúa, número, código postal, concello.
Categorías:
1. ESO.
2. Bacharelato e ciclos formativos.
3. Profesorado.
**Para cada categoría, haberá postal gañadora en formato dixital e en formato elaborado á man.
Prazo e lugar de entrega
Atoparás a Caixa do Correo na entrada do instituto.
Poderás entregar a túa postal ata o día 14 de decembro ás 19h.
O día 15 de decembro un xurado formado por persoal non docente do centro escollerá ás postais gañadoras, e a partires do día 16 serán enviadas para que cheguen a tempo ao seu destino.
Cal é o premio?
As postais gañadoras empregaranse para felicitar o Nadal desde a web e as redes sociais do instituto.
Aínda así, calquera que desexe participar terá o mellor premio: a satisfacción e ledicia da persoa destinaria da súa postal ao recibila.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer