Punto Laranxa contra o acoso escolar

GALICIENCIA

Por primeira vez o IES Menéndez Pidal- Zalaeta participou na Galiciencia.

O proxecto MapaMetroMinuto de Daniel Novoa e Anxo Blanco de 3º de ESO é un dos 50 proxectos de Secundaria que se presentaron no evento. Participamos na Programa da RTVG Efervesciencia (pódese escoitar o podcast aquí) coa explicación do noso proxecto.

Aprendimos moito dos outros proxectos. Estivemos aloxados en Allariz, Disfrutamos das Termas de Outariz. Visitamos a cidade de Ourense e coñecimos a moita xente con iniciativa.

Alumnado de 4º de ESO participou no concurso de fotografía de Habitos Saudables e nos foi concedida unha visita como centro para o 9 de maio. Participaron na visita as alumnas alemanas de intercambio acompañando a parte do alumnado do Club de Ciencia e Tecnoloxía, Viaxe en bus, espectáculo de ciencia, taller Mundos dixitais, visita aos proxectos expostos en Tecnópole, comida e baño nas Termas de Outariz foron a xornada. Acompañados por Ramón Pasandín e Fran Soto.

 

 
Máis información sobre as actividades na web do Club de Ciencia e Tecnoloxía na ligazón 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer