Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2020-2021

ESCAPARATE DUNHA TENDA DE ESQUÍ

Desde o ano 1987 non se ve a neve  na cidade da Coruña. En Zalaeta gústannos os retos...e o "efecto Filomena" deixou a súa pegada no instituto a través deste escaparate co que o alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais Dual nos convida a desfrutar do esquí.

 

O SON DAS AULAS - CLUB DE LETRAS

Esta semana Zalaeta vestiuse de gala para a estrea de "O Son das Aulas". Á presentación do proxecto asistiu unha representación do alumnado que colabora nesta marabillosa iniciativa. Xa tedes dispoñible o primeiro podcast, ao que se pode acceder desde esta web, premendo no apartado de "O Son das Aulas". Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado participante como ao grupo de profesorado que se implicou para coordinar e impulsar esta nova actividade. Convidámosvos a escoitar, sentir, participar e deixarvos acompañar. Porque, en tempos de pandemia, Zalaeta segue medrando!

 

 

LIGAZÓN A LA VOZ DE GALICIA

LIGAZÓN A LA OPINIÓN DE A CORUÑA

REHABILITACIÓN DA SALA DE EXPOSICIÓNS

Rehabilitación da sala de exposicións do centro grazas a unha axuda da Deputación á Asociación Cultural Zalaeta.
Os corredores da planta baixa foron pintados grazas a unha axuda da Deputación da Coruña solicitada pola Asociación Cultural Zalaeta. A subvención corresponde ao Programa dirixido ás entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2020.
Para mostrar o "cambio de look", a Asociación Cultural decidiu recuperar unha exposición sobre a figura de Ramón Menéndez Pidal feita e exposta hai xa anos no centro.
Animádevos a visitala e a coñecer a biografía e obra do filólogo que dá nome oficial ao noso centro.
 
 
 
 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

O martes 26 de xaneiro ás 19.30h terá lugar unha xornada de portas abertas virtual, a través de videoconferencia.

Para acceder a ela é preciso premer AQUÍ na hora de inicio prevista e conectarse usando navegador. Non se precisa chave de acceso, soamente se solicita email e nome de usuario/a no momento de acceder á sala da reunión.

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

VOZ NATURA CURSO 2020/2021

Este ano, o proxecto Voz Natura do Zalaeta e o Club de Ciencia teñen como novidade o traballo conxunto co Colexio de Educación Especial María Mariño de A Coruña. Este centro, que conta con FP Básica de Xardinaría e Viveirismo, está a traballar na recuperación de froiteiras da nosa contorna e na práctica de adecentamento de zonas de xardín. A proposta nestes tempos de covid no que a nós se refire é facer un intercambio de plantas (xa nos deron "faballóns" e agora queren as nosas "calas"), e de guía de cultivos (pois eles traballan cunhas sementes que tras algúns meses de crecemento imos colocar no Instituto tras recibir asesoramento por videoconferencia se non pode haber intercambio de rapazada). Trátase de realizar un traballo de inclusión e natureza ao tempo, no que interveñen varios proxectos do instituto: Club de Ciencia Zalatecno, Deseño e Son a través do programa de cultura inclusiva e accesible da Fundación Emalcsa, e o Club de Letras con O Son das Aulas, dedicando unha sección do seu programa ao seguimento destas tarefas.
 
 
O alumnado participante será o de 1º de ESO e o profesorado que desenvolve esta actividade é Eva Mariño, Andrés Vázquez e Tono Frade. 
 
Programa Voces de A Coruña coa intervencion de Tono Frade e alumnado participante (min 1.30 a 8)
 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

CANCELADAS AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Seguindo instrucións da Xunta de Galicia relativas á xestión da Covid 19, vémonos na obriga de CANCELAR as xornadas de portas abertas que se ían celebrar a semana próxima.
Desculpen as molestias.

Actividade dirixida a aquelas familias que están pensando en matricular aos seus fillos ou ás súas fillas en 1° de ESO de cara ao curso 2021/2022, e que polo tanto deben de realizar a reserva de praza entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro do 2021.
Abrimos as portas do noso centro para que poidan coñecer a forma de traballar do mesmo así como as súas instalacións e os proxectos educativos activos no mesmo.
 
"O futuro comeza agora"
 
⚠️IMPORTANTE: só poderá asistir un membro de cada familia, respectando en todo momento a normativa sanitaria vixente e o protocolo existente no centro de cara ao tempo de permanencia no mesmo.
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer