Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2020-2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA DE ROSALÍA

PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO DOCUMENTO ADXUNTO

EXPOSICIÓNS 11F

Queremos compartir unha serie de proxectos desenvolvidos polo Club de Ciencia co gallo da conmemoración do 11F: Día da Muller e da Nena na Ciencia.

Neste apartado da páxina web do Club de ciencia (Exposicións 11F en Zalaeta)  hai información e as as ligazóns para poder ver o traballo que levan feito no grupo de Tics de 4º e no de TICs de 2º de Bac sobre mulleres galegas en ciencia e tecnoloxía.


Son Exposicións 11F creadas polo alumnado, unhas virtuais:
 
 
  • unha páxina web, con tarxetas interactivas e audios:

E desenvolveron tamén unha exposición nuns paneis na entrada do centro con cartaces e códigos QR para escoitar os audios:
 
 
 

PROXECTO PROGRAMA ERASMUS+ CONVOCATORIA 2020-21

Proxecto Erasmus+ 2020-1-ES01-KA103-834B8DC5., dirixido a conceder e organizar as mobilidades de alumnado de ciclos de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de Comercio Internacional. Febreiro 2021.

Adxúntase documento coa resolución definitiva da comisión avaliadora do proxecto.

CONFERENCIA "A GUERRA E O SEU RELATO NA ARTE CONTEMPORÁNEA GALEGA"

Hai uns días parte do alumnado de 1° BAC desfrutou dunha conferencia sobre "A guerra e o seu relato na arte contemporánea galega" da man de Rosario Sarmiento, unha persoa especializada na difusión da arte e cun currículo importante como comisaria de diferentes exposicións.
Un verdadeiro luxo do que o alumnado desfrutou, coas medidas axeitadas, na súa propia aula.
 
 

ACTIVIDADES 11F

Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 11F

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer