Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2020-2021

AUDIOGUÍAS EMOCIONAIS

 

O martes 19 de maio, e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña a presentación do proxecto desenvolvido pola profesora Ana López Formoso e o alumnado da asignatura de Introdución á Historia da Arte, do cal nacen as "audioguías emocionais". Este alumnado creou locucións subxectivas para diversas obras, transmitindo a través destas narracións o que lles suxire cada obra e trasladánnos con eles á historia que hai detrás de cada cadro.
Queremos agradecer ao Museo de Belas Artes unha vez máis que nos abrisen as súas portas e a súa disposición a colaborar en todo momento. E felicitamos a Ana e ao seu alumnado por facernos sentir, desfrutar e emocionar.
Convidámosvos a que pasedes polo museo para ver e escoitar (precísase lector QR).
Ligazóns coas audioguías e o vídeo dos participantes facilitadas polo Museo:

ESCAPARATE DE VERÁN

Sol Seoane e o alumnado do curso AFD de Actividades de xestión do pequeno comercio preséntannos este escaparate que nos anuncia que o verán está cada vez máis próximo. Parabéns polo traballo realizado!

PROBAS FINAIS DE XUÑO - CICLOS FORMATIVOS

Ver datas e horas no documento que se adxunta.

Semana de Surf: datas (en función dos cursos) e outra información

a)Datas do "Bautismo" en surf dentro do horario escolar. Nivel 1º de ESO: 

Semana do 10 de maio

b)Datas das semanas de surf fóra do horario escolar:

-2º ESO B: 24, 26 e 27 de maio

-Resto de cursos: 10, 12 e 13 de maio

 

Preguntas frecuentes antes da actividade: 

¿Qué tengo que llevar?

Una toalla y una muda para cambiarse. En caso de tener neopreno puedes traerlo.

 

¿Debo saber nadar?

Si, debes saber nadar para poder disfrutar al máximo las clases.

 

¿Tengo que saber algo antes de empezar?

No te preocupes si tu nivel es alto, bajo o ninguno, nuestros monitores sabrán como adaptarse a tu momento actual.

 
 ¿Qué material ofrece la escuela?

Material de surf adaptado a la iniciación según edad y nivel y traje de neopreno

 

La última terapia contra el autismo… hacer surf – Todos Somos Uno

PREMIO COCA-COLA

O luns 26 de abril o alumnado de 2.º de ESO D gozou dunha actividade especial. Como grupo gañador do 1.º certame de relato colectivo dentro do marco do Concurso de Novos Talentos de Coca Cola o alumnado puido desfrutar da actuación en exclusiva do mago David Maestre na Biblioteca do centro. A organización do certame obsequiou ademais a cada alumno/a cunha mochila con diferentes elementos de merchandising de Coca Cola. 
Ao longo da actuación varios/as alumnos/as exerceron de axudantes puntuais do mago e, ademais, o relato gañador ("O veciño") foi protagonista tamén da xornada, xa que estaba incluído en diversos trucos.  Moitas grazas á Coca Cola polo premio e parabéns para o grupo gañador; adiante con ese espírito creativo!
 
 
 
 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer