Punto Laranxa contra o acoso escolar

CULTURA INCLUSIVA E ACCESIBLE - FUNDACIÓN EMALCSA

Seguimos traballando para unha cultura accesible e inclusiva grazas á colaboración de Fundación Emalcsa e o seu compromiso coa Asociación Cultural Zalaeta e a Anpa IES Zalaeta Campo da Leña.

Grazas por permitir que sigan desenvolvéndose proxectos nos que alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral traballen pola integración e a igualdade sen barreiras.

 

Ligazón La Voz de Galicia

Campaña de Recollida de Alimentos organizada pola ANPA

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS DE A CORUÑA

Estimadas familias:

     Desde el ANPA ZALAETA-CAMPO DA LEÑA queremos organizar, junto a los voluntarios de Protección Civil de A Coruña, una campaña de recogida de alimentos cuyo destinatario será el Banco de Alimentos Rías Altas, por lo que, una vez más, recurrimos a todas las familias socias de nuestra ANPA así como a las del alumnado en general, para poder llevarla a cabo.

     Para ello estaremos en las tres entradas al centro, para así poder facilitar la donación a todo el alumnado, desde el lunes 14 a el miércoles 16 de 8:20 a 9 h y el martes 15 también de 16:10 a 17:00 h.

    Todos aquellos alimentos que se os ocurran (leche, arroz, conservas de pescado, pasta, aceite, galletas,...) serán bienvenidos; eso sí, que no sean perecederos y tengan una caducidad bastante grande.

     Aprovechamos para agradeceros de antemano vuestra colaboración y esfuerzo en esta época tan difícil.

     Un saludo.

DIRECTIVA ANPA ZALAETA-CAMPO DA LEÑA

 

Recollida de alimentos

A piques de entrar no Nadal cremos que colaborar co banco de alimentos é algo moi importante polo que decidimos organizar esta recollida.

Será os días 14, 15 e 16 de decembro de 08:20 a 09:00 e o martes 15 tamén de tarde de 16:10 a 17:00h. Estaremos nas tres portas de acceso ao instituto. Durante cada turno serán necesarias polo menos tres persoas, unha para cada entrada. Agradecemos, se houbera algún de vós con dispoñibilidade para axudarnos no turno da mañá de calquera dos tres días, se poña en contacto con nós.  A tarde do martes xa a temos cuberta pero os turnos da mañá estanos a resultar máis complicado.
 
Moitísimas grazas por adiantado pola vosa xenerosidade. Agradecemos a difusión de esta información a todos aqueles que poideran estar interesados. 

 



 

II FEIRA DE FORMACIÓN DUAL - CÁMARA DE COMERCIO A CORUÑA

No día de hoxe celebrouse, de maneira virtual, a II Feira de Formación Dual organizada pola Cámara de Comercio da Coruña. Na xornada participaron diversas empresas e centros educativos, poñendo de manifesto a relevancia que a FP Dual ten, tanto para as empresas como para o propio alumnado que participa nos proxectos. O noso centro estivo reperesentado coa intervención de Mª Estrella Pérez Freire, directora do instituto.

 

ESTREA DO DOCUMENTAL DO PROXECTO DESEÑO E SON

O venres 27 de novembro tivo lugar na Domus a estrea do documental do proxecto de Deseño e Son. Estamos orgullosos e orgullosas do traballo desenvolvido durante estes anos polas profesoras coordinadoras, Paz e Isabel, e de todo o alumnado participante, sen o cal este proxecto non sería posible.

A curta pódese ver na seguinte ligazón: DOCUMENTAL PROXECTO DESEÑO E SON

 

 

 

 

2º PREMIO DE ROBÓTICA - INGACIENCIA

Felicitamos a Daniel Güeto Sandás, alumno de Tecnoloxía Industrial e integrante do equipo de robótica de Zalaeta, que o venres 27 recibiu no Ágora de mans do conselleiro o 2º premio no Concurso de Robótica organizado por Ingaciencia e o Concello da Coruña.

(Referencia ao premio na web do Concello da Coruña)

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer