Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comedor Escolar 2020-21

Incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

 

  • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatorial 1º curso de bacharelat,l 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.
  • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2º curso de bacharelatol 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
  • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

Normas de obrigado cumprimento para as probas extraordinarias de setembro

  1. Á entrada e saída do centro, será obrigatorio para todas as persoas (persoal do centro, familias e visitantes) realizar a hixiene de mans empregando a solución hidro alcohólica colocada na entrada.
  2. É obrigatorio usar máscara de protección en todo momento.
  3. Gardarase a distancia de seguridade de 1,5 metros coas demais persoas.
  4. O alumnado acudirá ao centro xusto na hora que lle corresponde realizar o exame. En caso de ter varios exames e ter que esperar estará nunha aula habilitada con profesorado de garda.
  5. O alumnado levará todo o material necesario para o exame.
  6. Non se pode compartir material de uso propio cos compañeiros/as.
  7. O acceso á aula realizarase circulando sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade de 1.5m.
  8. Unha vez dentro da aula, o alumnado deberá facer uso da máscara en todo momento e, con carácter xeral, debe permanecer no mesmo sitio durante todo o exame. 
  9. Unha vez rematado o exame o alumnado debe abandonar o centro, non podendo quedar polos corredores, patios, etc.
  10. O uso adicional de viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas que voluntariamente as usen.
  11. Considerase pouco recomendable, pola falsa seguridade que pode transmitir, o uso de luvas.  
  12. En cada aula habilitarase:
  • Un dispensador de solución hidroalcohólica que se deberá usar cada vez que se acceda. 
  • Papel desbotable e solución desinfectante para proceder á limpeza dos postos de traballo se fose necesario.
  • Papeleira de pedal con tapa para todos aqueles materiais empregados na limpeza, hixiene e/ou desinfección (papeis, panos, máscaras…).   

CURSO 2020-2021

O 1 de setembro iniciamos o curso 2020/2021. A especial situación que estamos a vivir precisa que todos e todas poñamos da nosa parte, cumprindo as recomendacións sanitarias en todo momento. Sabemos que este curso vaiser, cando menos, diferente e difícil. Pero todo o equipo de persoal docente e non docente faremos o que estea nas nosas mans para que o espírito zalaético siga medrando.

Prestade atención, xa que iremos publicando, tanto nas redes sociais como nesta web, toda a información de interese para dar comezo a este novo curso.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2019/2020

No documento proporciónase a información relativa a estes premios.

  • Nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75.
  • Prazo de presentación das solicitudes: 22 de agosto.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO CURSO 2019/2020

No documento proporciónase a información relativa a estes premios.

  • Nota media na ESO igual ou superior a 9.
  • Prazo de presentación de solicitudes para realizar a proba: 19 de agosto

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer