Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

Atención á diversidade


ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Como norma xeral, dende o Departamento de Orientación cremos que a mellor forma de intervir é dende dentro do mesmo grupo-clase e polo profesorado das diferentes materias. Cando isto non abonda, a seguinte estratexia será a de intervir dentro do mesmo grupo coa axuda das profesoras de apoio.

O profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe forman parte do Departamento de Orientación e son o principal recurso humano co que contamos para facer apoios ao alumnado con NEE, pero neste centro tamén se contemplan reforzos que realiza todo o profesorado, segundo dispoñibilidade horaria.

As medidas que se están adoptando de Atención á diversidade pódense concretar en:

  • Repetición ou permanencia no mesmo curso para aquel alumnado que non acadou os obxectivos do seu nivel e pode, por idade, beneficiarse desta medida.
  • Seguimento individualizado, a través das xefaturas de departamento e o Departamento de Orientación, de todo o alumnado do centro con materias suspendidas de cursos anteriores e polo tanto pendentes.
  • Curso de Diversificación Curricular para alumnas e alumnos da ESO.
  • Calquera outra que o Departamento de Orientación e o equipo directivo acorden ( desdobres, agrupamentos...) atendendo ás necesidades que se presenten e a dispoñibilidade horaria do profesorado.

A avaliación do alumnado con NEE é continua, con tres fases diferenciadas:

  • Inicial: Todo o alumnado con NEE ten unha avaliación diagnóstica inicial, empregando probas psicométricas cando fose preciso e contando sempre coas informacións do profesorado, a familia e calquera outra institución que estivese implicada no coñecemento do alumnado.
  • Procesual : Ao longo do curso manterase un seguimento individualizado dos avances e atrancos de todo o alumnado con NEE. Nas reunións semanais entre a profesora de Pedagoxía Terapéutica, a profesora de Audición e Linguaxe e a orientadora valorarase e faranse propostas para encamiñar o traballo a desenvolver con este alumnado. Contémplanse reunións regulares entre profesorado de matemáticas e de linguaxe co profesorado de apoio para ir axustando os apoios e reforzos.
  • Final ou sumativa: Reflexaremos nunha ficha resumo todos os progresos e as necesidades de mellora do alumnado con NEE.

 


 

Plan de acción titorial

1.-OBXECTIVOS

EN RELACIÓN CO ALUMNADO:

1.-Coñecemento do alumnado en todos aqueles aspectos que inflúan no seu rendemento escolar.
2.-Axuda na integración no centro, no grupo clase e nas actividades escolares, principalmente nos cursos que comezan ciclo.
3.-Creación dun clima de cooperación, comprensión e respecto dentro do grupo-clase e deste co resto do centro.
4.-Axuda en grupo e individual ao alumnado nas súas tarefas escolares con especial dedicación ao  que presenta necesidades educativas especiais.
5.-Asesoramento e información sobre as posibilidades académicas ou profesionais que se lle presentan ao alumnado, sobre todo nos cursos finais de ciclo.

EN RELACIÓN CO PROFESORADO

1.-Camiñar cara a unificación de criterios en canto a obxectivos e metodoloxía.
2.-Fixar  criterios de avaliación compartidos.
3.-Preparar , coordinar e valorar as sesións de avaliación.
4.-Dotar ao profesorado de estratexias  para traballar na titoría .
5.-Acadar unha boa coordinación  vertical e horizontal, especialmente na ESO

EN RELACIÓN COAS FAMILIAS

1.-Fomento das entrevistas individuais periódicas, sobre todo coas do alumnado con necesidades educativas especiais.
2.-Informacións  mediante charlas.


2.-PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN


A orientación escolar e profesional é un dereito do alumnado e unha dimensión formativa que implica a todo a profesorado.
A persoa  titora é a coordinadora do equipo de profesores e profesoras e o eixo vertebrador de todas as accións dirixidas  ao grupo-clase.
As actividades de orientación son compartidas por todo o equipo docente, pero          concrétanse  no momento  das reunións da persoa titora co seu alumnado.
As actividades de orientación referiranse a:

  • coñecemento das aptitudes, intereses, e aspectos da personalidade do alumnado que incidan no proceso de ensino-aprendizaxe.
  • identificación e corrección de dificultades escolares.
  • información e asesoramento sobre posibilidades de continuación de estudios ou de acceso ao mundo laboral.
  • coordinación do labor educativo do equipo docente.
  • creación dun clima de mutuo respecto, comunicación e cooperación.         

O Departamento de Orientación coordinará e facilitará a realización de todas as tarefas citadas.

Horario de Orientación

HORARIO ORIENTACIÓN CURSO 18-19     

 

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

1ª H

 

8:30

Orientación

Orientación

 

 

Orientación

2ª H

 

9:20

Orientación

Orientación

 

 

Orientación

3ª H

 

10:30

Orientación

Outras Titorías

Outras Titorías

 

Orientación

4ª H

 

11:20

Orientación

Outras Titorías

Outras Titorías

Orientación

Orientación

5ª H

 

12:30

Orientación

Orientación

Orientación

Orientación

 

6ª H

 

13:20

Orientación

Orientación

REUNIÓN

DEPART

Orientación

 

Departamento de Orientación


5,6,7,8... Aeróbic unha práctica moi valorada, e con tradición en Zalaeta

Aquí podedes ver  fotos  dalgúns grupos facendo bailes.

Michael Jackson is alive!  you can watch him at this video:

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer