CONCURSO DE ORATORIA IMPROVISADA EN GALEGO INTERCENTROS

O IES Martaguisela participará no Concurso de Oratoria improvisada en galego intercentros. Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades de dinamización da Lingua Galega e xa comezou este mes a eliminatoria por aulas. Pensamos  que é  a mellor forma de que o alumnado se afaga a falar e de que mellore a expresión oral.  A Oratoria é unhadisciplina moi completa, mellora a competencia lingüística pero tamén  a seguridade persoal, o control das emocións, a empatía, a autoestima e o desenvolvemento persoal de cara a calquera carreira ou profesión, por iso desde O Martaguisela apostamos sempre por esta actividade que xa resultou moi beneficiosa en cursos pasados. Este ano o centro que  acollerá a final é o IES Xograr de Sarria. O alumnado deste centro competirá co alumnado do IES Cabe de Monforte e o IES Martaguisela, previsiblemente en Abril. As semifinais fixéronse xa no noso instituto por aulas. Seleccionáronse tres estudantes de cada clase,  os que obtiveron maior puntuación en contidos, habilidades comunicativas verbais e non verbais e dicción, entre outras, diante dun xurado formado por profesorado do centro.

Durante un minuto os participantes falaron dunha palabra escollida  ao chou de entre unha selección feita polo profesorado e axustada a cada nivel. Houbo un traballo previo de documentación con cada profesor e profesora do alumnado, sobre a palabra e posterior intervención.

Os finalistas, que  disputarán o seu paso á final intercentros  nunha nova proba no noso centro para determinar quen viaxará  a Sarria,  foron:

1º ESO A: Darío Núñez, Iria Anta, Adrián Anta.

1º ESO B: Alejandro Prada, Anxo Núñez, Aina Moral.

2º ESO A: Daniel Rodríguez, Camino Núñez, Leo González.

2º ESO B: Xoel Pungín, Mateo Valcarce, Steven Andrés.

3º ESO A: Valentín González, Liliana da Silva, Laura Carracedo.

3º ESO B: Lucía Rivera, Jose Amadeo Real, Laura Santalla.

4º ESO A: Eva López, Nerea López, Alicia Domínguez

4º ESO B: Mario Prada, Miguel Palmer, Ander Quintans.

4º ESO C: Jesús Codesido, Gabriel Fernández, Xoel Fernández.

Grazas a profesorado e alumnado que se implicaron na actividade con entusiasmo.

O mércores 10 tivo a lugar a entrega de diplomas aos finalistas a cargo da directora Carmen Gamarra e a responsable de Dinamización Lingüística Marta Cortés.
Entrega de diplomas concurso oratoria, fase de centro
 
 
Logo EDLG

Powered by Drupal - Design by artinet