Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos

O IES Martaguisela colabora co Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos da Garda Civil.

Na mañá de hoxe, día 12 de decembro, o alumnado de 1º ESO asistiu á charla sobre acoso escolar que impartiu a Garda Civil no noso instituto, mentres que o de 2º ESO recibiu información sobre drogas, alcohol e tabaco.

Dentro dos obxectivos do Plan Director podemos salientar os seguintes:

  1. Responder as cuestións relacionadas coa seguridade dos menores e a mocidade nos centros educativos e os seus entornos.
  2. Contribuír a formar o alumnado no respecto aos dereitos e áas liberdades e nos valores de dignidade e igualdade.
  3. Mellorar o coñecemento dos recursos policiais dispoñibles para a prevención da delincuencia e protección ás vítimas.

Dende o IES Martaguisela queremos agradecer o labor dos axentes da Garda Civil, dona Vanesa Domínguez Sousa e don Juan Manuel Corbal Fernández, e o seu achegamento ao alumnado á hora de falar dos problemas de seguridade que lle afecta como colectivo.

 Deixámosvos algunhas fotografías do acto.

Podedes ver todas as fotos da charla facendo clic aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet