DOCUMENTAL CIUDAD DE LA SELVA

Na mañá do venres, día 30 de setembro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC asistiu ao Teatro municipal Lauro Olmo para ver a película documental Ciudad de la Selva, dirixida por Miguel Riaño e producida por Metropolis.coop.

Como podemos ler no artigo de somoscomarca.es, ao longo de 67 minutos o alumnado asistiu á “historia recente de Valdeorras e os seus arredores ao contarlles a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla”.

Deixámosvos o enlace de somoscomarca.es da inauguración e algunhas fotografías do acto. 

https://www.somoscomarca.es/articulo/obarco/exito-estreno-ciudad-selva-documental-guerrilla-casaio/20220916182209135983.html

 

Powered by Drupal - Design by artinet