Miguel e Zoe, de 1º ESO , forman parte do grupo de teatro, e fixéronnos pasar uns recreos terroríficos dramatizando a lectura dalgúns contos do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.
Foron, ademais, tan amables de participar nalgunhas actividades que a Biblioteca Municipal de O Barco organiza nestas datas. Desta volta coa súa lectura, animaron aos máis cativos…ou non, por que algo de medo tamén daban!