Para concienciar ao noso alumnado da importancia do bo trato entre sexos, alumnos e alumnas, nomeadamente os integrantes do grupo de teatro, fixéronnos unha posta en escena en diferentes espazos do centro, aulas, pavillón, sala de profesorado, cafetería… Con estética de mimo e adoptando unha posición concreta, sen apenas movemento, portaron carteis chamando á mobilización e á visibilidade deste grave problema, incidindo en sensibilizar á xente nova ante a lacra que padecen miles de mulleres que sofren maltrato. Entre todos e todas debemos conxelar o maltrato para sempre!