AB - A súa vida

Anxo Baranga nace en Córgomo, Vilamartín, Ourense, no ano 1956. Desde o ano 1979 reside en Barcelona. Está diplomado pola Escola Massana de Barcelona e Llotja ( Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona).

Anxo Baranga é pintor, debuxante de cómics, director e actor de teatro. É cofundador de varios grupos teatrai: Terceiro Andar de Barcelona(1980), Canalla de Barcelona(1993), Furafollas Agrupación Teatral de Barcelona(2001), FDG Teatro de Córgomo(2001), Augateba( Aula Galega Teatro de Barcelona).

Participa tamén na creación de “fanzines”: Microbius(1979) e Canalla(1993).

Foi membro do Intitut de Experimentació Teatral de la Universitat de Barcelona, dirixido por Ricard Salvat e participou no Festival de Tardor de Barcelona en 1990 e 1991.

Publica varios libros en colaboración con J. A. M.: Un pequeno favor e outras historias de humor perversoO ollo pecho e outras historias desagradablesMartín Coutinho en busca de sol, Contos pra críos, etc.

Colabora en varias publicacións: A Nosa TerraEscritaAlborada, Treboada...

Anxo Baranga desenvolve unha gran actividade cultural tanto en Bacelona (dentro do colectivo de artistas que forman La Xina A.R.T., onde tamén está o fonsagradino Benxamín Álvarez) como en Córgomo cos seus veciños.

Powered by Drupal - Design by artinet